Partido Popular de Lugo

O GPPP critica a hipocresía de Besteiro por laiarse agora da perda de 18 millóns de euros das transferencias do Estado

Lugo, a 30 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular critica a hipocresía amosada polo presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro cando no transcurso do último pleno laiouse de perda de 18 millóns de euros pola rebaixa imposta polo Goberno Zapatero ós fondos que transfire ás administracións locais.

Para os populares resulta lamentable este novo exemplo da hipocresía política que habitualmente practican os socialistas ó non  manifestar ningún pudor en cambiar de criterio e discurso segundo onde se atopen e únicamente en base ó que máis lles conveña para os seus intereses partidistas. 

Lembran dende o GPPP que non ten ningún sentido que agora Gómez Besteiro se lamente desa merma na disposición orzamentaria da Deputación como consecuencia do recorte nas transferencias do Estado cando o seu grupo, xunto co BNG, rexeitou a finais do pasado mes de outubro unha moción na que precisamente plantexaban esixir ó Goberno central, dada a grave crise económica na que nos atopábamos, o mantemento, sin recorte de ningún tipo, das partidas orzamentarias adicadas ás entidades locais.

Unha vez máis, ó entender dos populares, Besteiro, co recoñecemento implícito do dano que esta merma de fondos causa a Lugo dado que afecta directamente á capacidade inversora da Deputación, deixa pantente que antepón os intereses do seu partido ós da provincia. Prefiere, engaden os populares, respaldar a nula xestión que está a realizar o Goberno Zapatero e avalar os erros monumentais nos seus cálculos económicos, que defender unha maior capacidade inversora para a provincia de Lugo. 

Detectan os populares, a tenor desta actitude sumisa, unha nula capacidade reivindicativa de Gómez Besteiro ante o seu propio partido para evitar uns efectivos negativos que, ademáis da Deputación, afectan á Xunta e a todos os concellos da provincia.