Partido Popular de Lugo

Alberto García asumiu a dirección de NNXX en Mondoñedo

Mondoñedo, a 30 de abril de 2010.- A agrupación de NOVAS XERACIÓNS en Mondoñedo constituiuse onte nun acto ó que asisitiron membros da directiva provincial de novas xeracións, entre eles o seu presidente Daniel Vega,  e a presidenta do PP local Elena Candio, quen insistiu na importancia que ten para o partido, dende tódolos ámbitos,  a xente moza, á que calificou de peza clave e indispensable.

O presidente da agrupación xuvenil popular Alberto García Fernandez  manifestou pola súa banda que Novas xeracións será o nexo de enlace entre os mozos e mozas de Mondoñedo e a clase política, á vez que explicou algunha das iniciativas que van a por en marcha.

Acompañano na directiva como vocais Beatriz Meilán Rego, Mireia Sante Lopez, Marcos Cabanos, Sonia Fernández Cillero e Miguel García Fernandez.