Lugo, a 29 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular tiña fundadas sospeitas de que o bipartito provincial mantiña paralizada a Deputación, algo que o propio presidente Gómez Besteiro confirmou durante o pleno do pasado martes cando explicou o Plan extraordinario de obras.
Para os populares, a conclusión é clara: perdéronse tres anos porque intencionadamente non se executaron obras que xa quedaran presupuestadas, moitas incluso adxudicadas, que agora se inclúen neste plan de actuación, co que implícitamente recoñecen que son actuacións que o propio José Ramón Gómez Besteiro considera necesario acometer.
Esta actitude, que dende o PP non dubidan en calificar de caprichosa e revanchista, supuxo un verdadeiro castigo para a provincia e só responde á búsqueda dun cuestionable rédito electoral, dado que persegue concentrar no último ano de lexislatura a execución dun importante número de obras das que, de cumplirse os prazos, xa se debería estar a facer uso. Segundo aseguran, a partir de agora seremos testigos dun periplo do presidente pola provincia poñendo a primeira pedra de obras que terían que terse xa inaugurado, facendo gala desa merecida fama de home anuncio.
Na opinión dos populares é tremendamente cínico vincular a posta en marcha desta plan extraordinario de obras cunha medida coa que tentar paliar os efectos da crise económica na provincia de Lugo. Consideran, de feito, que si o goberno que lidera Gómez Besteiro realmente quixera compensar a perda de actividade económica e aportar algunha solución á situación actual, xa tería incremento o volume de obra pública hai, cando menos, dous ano atrás.
FALTA DE TRANSPARENCIA.- Por elo, dende o GPPP califican este plan extraordinario de electoralista e reprocharon a Besteiro que durante o pleno non fora quen de especificar con que concellos se van a firmar convenios nin que obras se van a acometer neles por importe de 10 millóns de euros. Esta falta de transparencia só pode significar dúas cousas ó entender dos populares: que o reparto responda a intereses partidistas e polo tanto se trate dunha distribución clientelar ou que a estas alturas non teñan claro aínda que actuacións se van a incluir nestes convenios e sexa unha especie de caixón de xastre na que a improvisacións marcará a pauta.
Para o GPPP tentar argumentar este plan coa manida vertebración e dinamización económica da provincia é un insulto a todos os veciños da provincia. Si realmente houbera intención de apostar e promover o desenvolvemento de Lugo Gómez Besteiro e o seu equipo non terían fundido, por poñer un exemplo, o remanente de tesourería que herdaron da etapa anterior en gastos diversos dos que non se derivou ningunha utilidade productiva nin demorarían tampouco a execución das obras que estaban xa previstas.