Partido Popular de Lugo

O GPPP asegura que a mellora dos accesos ó polígono de Monforte farase pola presión exercida polo Partido Popular

Lugo, a 28 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que as obras de mellora dos accesos ó parque empresarial de Monforte faranse pola presión exercida polo PP, dado que José Ramón Gómez Besteiro, como nel é  habitual, limitouse no se día a facer un anuncio que despois se esqueceu de cumplir.

No pleno de onte adoptouse o acordo, sobre a moción presentada polo PP, de que os trámites para a realización da obra comencen tan pronto como o Plan Extraordinario de Obra Pública da Deputación esté  aprobado definitivamente despois da súa exposición pública.

Os populares puntualizan que presentaron a moción solicitando as melloras dos accesos o pasado día 7 do presente mes, e o plan de obras presentado onte por Besteiro tén data do día 20, trece días despois. E por elo polo que os populares entenden que Besteiro viuse forzado a incluir a obra no mencionado plan porque votar en contra do que el mesmo tiña anunciado deixaríao quedar en moi mal lugar.

Ademais, os populares consideran inadmisible o silencio da concelleira e deputada provincial María José Vega Buján, quen en boa lóxica debería defender os intereses de Monforte, pero que optou polo mutismo máis absoluto durante todo este tempo, actitude que mantivo onte ante a pretensión do voceiro socialista de seguir demorando a actuación. Segundo suliñan, só a postura dialogante dos populares, que aceptaron a enmenda presentada por Gómez Besteiro, propiciou chegar a un acordo unánime e axilizar a execución das obras indicadas.