Lugo, a 28 de abril de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegura que os trámites para a construcción do parque empresarial de A Fonsagrada estiveron parados desde 2004 a 2009, sendo o PSOE o único responsable desta situación. Suliñan os populares que estes datos son públicos pero que o bipartito provincial demostrou onte no transcurso do pleno que nin os coñecía nin tiña interés en coñecelos, dado que votaron en contra de axilizar os trámites para executar xa as obras pertinentes, o que deixa claro que o goberno que dirixe Gómez Besteiro négalle a este municipio a dotación desta infraestructura.
En contra do afirmado recentemente polo voceiro socialista, a Xunta tén tres meses de prazo para emitir o correspondente informe, co que non se pode culpar á administración autonómica dun retraso que non existe. Os populares lembraron, como xa indicaron onte no pleno, que a estas alturas nin tan sequera se iniciaron os trámites para a adquisición dos terreos pese a que a iniciativa de dotar de polígono industrial á Fonsagrada remontase xa ás previsións do 2006.
Para os populares, o voto en contra do bipartito na sesión plenaria de onte só demostra o nulo compromiso de Gómez Besteiro con Lugo: todo o discurso de vertebración da provincia a través da Deputación desmóntase por si mesmo ó rexeitar a axilización desta obra reiteradamente demandada polos propios empresarios, unha actitude que é extensible a outras actuacións en outros municipios da provincia.