Monforte, a 27 de abril de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Agustín Hernández reuniuse hoxe en Monforte cos representantes da Plataforma cidadá en defensa da comarca de Lemos, cumplindo así o compromiso adquirido polo Presidente provincial dos populares lucenses José Manuel Barreiro nunha reunión anterior con este colectivo para que dera conta das xestións que está a realizar a Xunta sobre o porto seco.
Hernández indicou que a Xunta, a través de Xestur Lugo, asumirá a urbanización da plataforma loxística despois de que a empresa Semat manifestara que non pode asumir o custo que conlevarían a execución destas obras.
O conselleiro anunciou tamén que o seu departamento adicará preto de 20 millóns de euros para conectar o porto seco coa LU-933, a N-120 e LU-546.
Na reunión co plataforma participaron, ademais de Agustín Hernández e José Manuel Barreiro, o director do IGVS Antonio Boné, a delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, o deputado Dámaso López e o voceiro municipal popular Manuel Eiriz.