Partido Popular de Lugo

O PP anuncia un férreo control para que se cumpran os últimos compromisos adquiridos polo Ministro de Fomento en Lugo

Faremos un seguimento exhaustivo dos últimos compromisos adquiridos, en Lugo, polo Ministro de Fomento para que se materialicen e non se queden en novas promesas incumpridas”.

Estas declaracións fíxoas este mediodía o Presidente Provincial no transcurso dun xantar popular no que participaron preto de 300 afiliados e simpatizantes da zona rural do municipio de Lugo. Barreiro recoñeceu “a boa vontade” de Pepe Blanco pero subliñou que a experiencia negativa que   precede os seus anuncios na provincia de Lugo fan que moitos os reciban con “escepticismo”

Durante a súa intervención o Presidente Provincial, José Manuel Barreiro, xa coa vista posta nas vindeiras eleccions municipais, dixo que é posible gañalas, e insistiu en que a victoria depende do “esforzo de todos e cada un”.

“O traballo que temos por diante é moito pero temos moita máis ilusión porque os do Partido Popular cremos no que facemos. Nós non estamos en política só para conseguir votos, estamos por principios, porque cremos na xente, e cremos e sabemos que dende a defensa destes principios se pode conseguir que todos vivamos mellor”.

Outros asistentes.-

Na comida tamén estivo presente o voceiro do GMPP Jaime Castiñeira, quen subliñou que “este tipo de encontros ratifican o noso compromiso con Lugo e cos lucenses”. “Os veciños sabedes ónde nos podedes atopar e tamén sabedes que nós si que cumprimos”, afirmou Castiñeira.

O voceiro popular e deputado no Parlamento Galego tamén lembrou o esforzo do goberno do Partido Popular  neste primeiro ano de mandato. Destacou os 32 millóns de euros que se investiron en actuacións de medio rural na comarca de Lugo. “Para nós si sodes de primeira”, lembrou o voceiro.

Castiñeira fixo fincapé na fidelidade do voto das 54 parroquias do rural e recalcou que  “para o PP, a diferencia doutros, seguir avanzando significa dar mellores servizos e non só participar en cocidos”.  O voceiro popular rematou sentenciando “Orozco ten data de caducide, despois de doce anos o seu proxecto está xa esgotado”.

Ao xantar popular, que se celebrou este mediodía nun restaurante de Lugo,  asistiron distintos cargos do Partido, entre os que se pode salientar o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juarez ou a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Tamén asistiron varios edís da corporación.