Santiago de Compostela, 16 de abril do 2010.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha emenda do PPdeG para que a campaña de promoción do Xacobeo 2010 tamén inclúa a promoción do cidade de Lugo e do seu monumento mais emblemático como é a Muralla romana. Esta emenda,defendida polo deputado lucense Daniel Varela Suanzes-Carpegna, foi presentada a unha iniciativa do BNG e no texto da mesma se insta á Xunta de Galicia a incluír o monumento Patrimonio da Humanidade na programación de actos do Xacobeo e que, en colaboración co Concello de Lugo, se programen actos nesta cidade para a súa promoción e a do seu máis emblemático monumento.
Daniel Varela indicou na súa exposición que “a plena vontade e predisposición da Xunta de Galicia, que me consta, permitirá unha promoción excepcional e universal de Lugo e da Muralla en todo o mundo o que, sen dúbida, repercutirá tanto nun maior coñecemento como recoñecemento universal”. Esto servirá, segundo o deputado popular, de polo de atracción de visitantes de todo o mundo pola importantísima campaña de publicidade e difusión do Camiño de Santiago que se realizará con motivo do Ano Xacobeo.
Para o deputado popular esta iniciativa servirá de revulsivo e apoio importante para Lugo e o seu monumento máis emblemático e reforza a globalidade que pretende a celebración do Ano Xacobeo no que non so Santiago se está a favorecer da súa promoción.