Partido Popular de Lugo

O Partido Popular asegura que a Xunta investiu en Lugo durante un ano preto de 152 millóns de euros

Lugo, a 15 de abril de 2010.- O Presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro indicou que en “só un ano de goberno de Alberto Núñez Feijoo as diferencias con respecto ó bipartito son salientables”. Así, suliñou en primeiro lugar que hai un “único presidente e un único equipo de goberno, cohesionado e coordinado”, e eso redunda, segundo recalcou, “nunha acción de goberno máis áxil, coherente e sobre todo encamiñada e centrada en dar solucións ós problemas de Galicia en xeral e de Lugo en particular e non a resolver loitas internas derivadas de intereses partidistas contrapostos”.

Para Barreiro, o Goberno da Xunta deu mostras sobradas do seu compromiso coa provincia de Lugo, principiando pola posta en marcha do Plan Impulsa e seguindo polo elevado nivel de inversión xa comprometido. 

O líder dos populares lucense fixo estas valoracións durante o balanzo realizado hoxe polos deputados da comarca de Lugo sobre este primeiro ano de goberno no que Jaime Castiñeira destacou que «está claro que o goberno de Feijoo si cumpriu coa comarca de Lugo, e ademais, con creces, con inversións importantes feitas realidade». Un investimento que cifrou en 151,7 millóns de euros neste primeiro ano de lexislatura.

O deputado popular aposta por seguir nesta liña cun plan de austeridade, tendo en conta a situacion económica e os «grandes buratos» que deixou o bipartito, ademais dos case dous millóns de euros que hai que devolver pola súa nefasta xestión. Castiñeira resumiu que «é unha inversión que nunca antes coñeceu a comarca de Lugo», polo que non dubidou en felicitar a Galicia pola súa «boa elección» do pasado 1 de marzo. 

Castiñeira sinalou que, con este ano de Feijoo, «a comarca de Lugo saíu claramente fortalecida, cunha aposta importante para inversións, cunha xestión real, con obras en marcha e outras rematadas». 

Neste contexto quixo subliñar, das numerosas cuestións que permitiu o «excelente trato de Feijoo con Lugo», o impulso á Lei da Dependencia.  En concreto, matizou que nun ano se duplicou o número de concesións feitas en dous anos polo bipartito ó amparo da Lei da Dependencia e asegurou que a Xunta apurou as resolucións ata o punto de que tramitou nun só ano 836 solicitudes fronte ás 598 que o bipartito levou adiante en dous anos. 

Castiñeira asegurou que «con estes datos, está claro que Feijoo multiplicou por catro a inversión do bipartito». «Iso si que é un gasto social e non socialista, como nos ten acostumados o PSOE», recalcou. 

Horizonte futuro.- Para os próximos anos, coas actuacións incluídas no Plan Move que afectan á comarca de Lugo por importe de 86.000.000 (desdobre de Nadela, estrada de Friol a Begonte, ronda Leste de Lugo…); os preto de 23.000.000 de euros para actuacións en materia de vivenda; o auditorio con 13.500.000, os case 100.000.000 euros para chan industiral, e os 2.200.000 euros para o plan Paradai, serán en total 225 millóns de euros o que achegará a Xunta “nunha mostra sen parangón de compromiso con Lugo”. 

Comarca de A Fonsagrada.- Feijoo tamén cumpriu coa comarca de A Fonsagrada. En total, foron case 18 millóns de euros os que a Xunta aportou para os concellos de A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz. Desa cifra, máis dun terzo foi destinado a conceptos de Medio Rural, mentres que a segunda partida máis cuantiosa foron axudas para a mellora da competitividade (2.400.000 euros). 

O presidente da Xunta plasmou, asimesmo, o compromiso cos dependentes da comarca da montaña, segundo explicaron os populares, xa que cuadriplicou en 365 días a cifra de resolucións de dependencia do bipartito en dous anos. Así, co PP na Xunta aprobáronse 138 resolucións, fronte ás 42 que concederan PSOE e BNG.