Partido Popular de Lugo

O PPDEG SE CONGRATULA DO IMPULSO QUE ESTÁ A DAR A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL AO BANCO DE TERRAS

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2010.- O PPdeG, a través da deputada Emma Álvarez Chao, manifestou hoxe a súa satisfacción polo impulso que a Consellería de Medio Rural lle está a dar ao Banco de Terras para poder actuar como auténtico dinamizador da mobilidade de terra, de maneira que se poida flexibilizar e axilizar as accións encamiñadas a levar a cabo o seu cometido. Para a deputada popular o Banco de Terras é un instrumento útil e imprescindible para mellorar a calidade de vida de gandeiros e agricultores xa que permite a obtención, tan necesaria, de máis base territorial para as explotacións e do mesmo xeito solventa un problema estrutural de Galicia e dos sectores produtivos do noso rural. Segundo  Emma Álvarez esta situación se produce dado que na situación de crise que se está a vivir as explotacións pouco dimensionadas e cunha base territorial escasa obriga aos gandeiros a modelos intensivos de produción cun alto custo e baixa competitividade.

Emma Álvarez criticou o caracter intervencionista da Lei 7/2007 sobre o Banco de Terras de Galicia, do anterior goberno bipartito na Xunta de Galicia, e a escasa efectividade e alcance deste que quedou lonxe de cumprir os obxectivos da anterior Consellería de Medio Rural e creou temor xa que reservou para a Administración o dereito de tenteo e retracto que fai que os propietarios retrocedan a hora de arrendar e que poden ver o Banco de Terras como un obstáculo e non como unha posta en valor do campo galego.

30.000 EUROS DE PUBLICIDADE DO BIPARTITO.- A deputada popular celebrou o traballo feito dende a Consellería de Medio Rural neste ano de Goberno “en canto a ter enriba da mesa neste momento dúas normas con rango de lei coa dificultade que eso conleva”. Fixo referencia, deste xeito, ao anteproxecto de lei polo que se reorganizan os instrumentos de xestión da Xunta de Galicia no eido do desenvolvemento rural e ao anteproxecto de lei de mobilidade de terras rústicas de Galicia, que se presentará no próximo mes, que ten como obxectivo, entre outros, dinamizar o banco de terras entre propietarios para favorecer a incorporación de terras “en lugar de gastar preto de 230.000 euros en publicidade e propaganda como fixo o anterior goberno e parécenos sumamente importante facer traballo a pe de campo, a nivel de gandeiros e agricultores e de propietarios de terras improdutivas para informalos das vantaxes de producir as terras abandonadas”. 

Emma Álvarez, que defendeu unha pregunta ao Goberno no seo da Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento, congratulouse da decisión do Goberno da xunta de disolver o S.A. Bantegal, “a sociedade xestora do banco de terras que nada ten que ver co Banco de Terras de Galicia ”. “Así – continuou dicindo a deputada – compartimos que as xestións deben estar centradas baixo o único paraugas do AGADER  e deste xeito serán mais eficaces e eficientes para todo o eido rural ao diminuír o número de sociedades e non crear chiringuitos intervencionistas como outros montados polo bipartito na Xunta de Galicia”.