Partido Popular de Lugo

Barreiro a Besteiro: “estamos no mes de abril e a mellora dos accesos ó polígono de O Reboredo están sen facer”

Monforte, a 7 de abril de 2010.- Representantes do Partido Popular na Deputación de Lugo e no concello de Monforte visitaron hoxe o polígono industrial de O Reboredo para comprobar o estado no que se atopa o vial de acceso.

O presidente dos populares lucenses e voceiro na Deputación José Manuel Barreiro quixo comprobar in situ o estado deste vial que a administración provincial comprometérase a mellorar. O propio presidente da institución José Ramón Gómez Besteiro establecera plazos para elo: o proxecto estaría rematado a finais de 2009 para que os traballos ponderan licitarse a principios do presente ano.

“Pero pasou o primeiro trimestre do 2010 sen que nada se saiba deste asunto e sen que, como á vista está, se iniciaran as obras que reiteradamente teñen reclamado os empresarios eiquí instalados”, explicou Barreiro, que estivo acompañado polos tamén deputados provinciais José María González Barcia e José Manuel Arias, así como Dámaso López en representación do grupo municipal.

O voceiro dos populares tamén responsabilizou ó Concello de Monforte, nominalmente a súa tenente alcalde que, “non hai que esquecer”, dixo, “é vicepresidenta terceira na Deputación e algo tería que dicir ós seus compañeiros de goberno na administración provincial a favor de Monforte”, do incumplimento deste compromiso asumido por Gómez Besteiro o pasado 26 de outubro.

O Grupo provincial do Partido Popular considera, á vista do que están a constatar nas visitas que están a realizar polos concellos da provincia, que o equipo de goberno que dirixe José Ramón Gómez Besteiro, ademais de non facer nada por favorece ás PEMEs e ós autónomos nin avanzar na dotación de chan industrial, dado que nos tres años que leva ó fronte da administración provincial pouco ou nada se avanzou no plano de actuación diseñado polo anterior goberno provincial, incumple as súas promesas de mellorar dotacións e servicios. “O Sr. Gómez Besteiro ten que ter presente que as promesas teñen que concretarse en feitos porque senón a súa palabra non valerá nada”, apuntillou.  

ENCONTRO COA PLATAFORMA CIDADANA.- Barreiro adiantou que o seu grupo interesaríase polo estado no que se atopa o proxecto de mellora destes accesos e que instaría ó goberno provincial a iniciar canto antes a execución das obras. Unha cuestión que tamén trasladou ós integrantes da Plataforma Cidadana en Defensa da Comarca de Lemos cos que, aproveitando a súa estadía en Monforte, mantivo un encontro para coñecer en primeira persoa as queixas que realizaron o luns pola lentitude coa que, ó seu entender, as diferentes administracións están a acometer proxectos vitais para o interese deste concello.

O presidente dos populares lucenses transmitiulles no encontro que a Xunta de Galicia está a realizar importantes inversións no municipio tanto pola súa transcendencia como polo seu importe, e salientou o feito de que só en infraestructuras este ano dóbrase o gasto do 2009, o superar os 30 millóns de euros. 

Destacou, como exemplos máis salientables, a construcción dunha nova potabilizadora, cuxo coste total rondará os seis millóns de euros, dos que 2,5 aportaraos a Xunta; a ampliación da estación depuradora e renovación dos colectores por importe de sete millóns; así como a mellora de varias estradas (como a a 546 -Monforte-enlace corredor- ou a LU-617 -Monforte-Chantada- e mesmo o corredor Sarria-Monforte, que estará operativo a finais do vindeiro ano e suporán unha investimento de 114 millóns de euros.

No que atinxe ós accesos ó porto seco indicou que as expropiacións iniciaranse no verán e lembrou que está xa adxudicada a redacción do proxecto que comunicará a área loxística coa N-120 e coa LU-933.

O FEITO É OBRA DO PP.- Barreiro trasladoulle tamén ós empresarios e integrantes da plataforma que, aínda que recoñecendo que o desenvolvemento do porto seco acumula moito retraso, o que neste intre está feito é obra dos gobernos do Partido Popular, “que foi o que verdadeiramente apostou dende o principio pola viabilidade desta plataforma loxística”. Neste senso lembrou que o goberno municipal esqueceu durante moito tempo o proxecto nun caixón e que durante a etapa do bipartito, pese as reiteradas visitas e compromisos das daquela conselleiras de Vivenda e Política Territorial, nada se avanzou e que agora, novamente cun goberno do PP, cando se están a concretar actuacións. Reiterou por tanto, nesta liña, o compromiso do seu partido con Monforte e o porto seco.