Partido Popular de Lugo

O PP explicará por toda a provincia as liñas básicas do borrador do decreto plurilingüe redactado pola Xunta

Lugo, a 4 de abril de 2010.- O Partido Popular continuará mañá o calendario de charlas informativas sobre o borrador do decreto plurilingüe que se iniciou o pasado día 25 de marzo en Lugo coa celebración por parte da comisión de educación dun foro aberto sobre este asunto no que participou como convidado o conselleiro de Educación Jesús Vázquez e ó que asistiron unhas 150 persoas relacionadas co eido educativo.

Mañá retomarase en Chantada este ciclo de charlas explicativas na que o deputado e voceiro de política lingüística do PPdeG Agustín Baamonde actuará como ponente. No acto, que se desenvolverá no hotel Mogai a partir das 20:30 horas, acompañarao o tamén deputado autonómico Dámaso López. 

Agustín Baamondo falará, entre outras cuestións, dos principias obxectivos que persegue este borrador como son garantir o máximo equilibrio entre as linguas oficiais, o galego e o castelán, en todas as etapas educativas; apostar por un plurilingüismo efectivo coa posibilidade de que os centros poidan chegar ata un terzo do seu horario lectivo semanal impartido en lingua estranxeira de xeito voluntario e paulatino; asegurar a liberdade de expresión para falar na clase no idioma que se prefira, ó igual que para facer os exames indistintamente en galego ou en castelán.

O borrador do decreto xurde tamén co compromiso claro de fomentar o uso do galego e recolle suxestións e observacións manifestadas polas entidades políticas e sociais consultadas no trámite de audiencia. Supón, polo tanto, a superación da actual visión monolingüe do ensino.

Agustín Baamonde explicará ata medidados deste mes os principios básicos deste borrador, ademais de mañá en Chantada, en Foz (día 6), en Vilalba (día 7), Monforte (día 8), A Fonsagrada (día 9) e Sarria (día 15).