Partido Popular de Lugo

Novas Xeracións fíxase como prioridade a constitución de agrupacións locais en todos os concellos da provincia de Lugo

Lugo, a 3 de abril de 2010.- A xunta xestora de Novas Xeracions na provincia de Lugo, baixo a dirección de Daniel Vega e coa presenza do presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro, celebrou hoxe a súa primeira xuntanza.

 
A direccion das mocidades do Partido Popular decidiu establecer como prioridade a constitucion de agrupacions locais en todos os concellos da provincia co obxecto de dinamizar e fortalecer a estrutura da organización, así como fomentar as canles de participación.
 
Ademais, a agrupación provincial decidiu poñer en marcha unha campaña de afiliación en toda a provincia, así como unha serie de visitas sectoriais que comezarán cun acto con representantes do sector agrogandeiro. Novas Xeracions, acompañados de técnicos do goberno autonómico, informarán das liñas de axuda especificas que a Xunta estableceu para garantir a continuidade dos mozos no medio rural.
 
A xestora provincial acordou tamén inicar os traballos de preparación do congreso provincial das Novas Xeracións, que en todo caso non terá lugar antes da celebración da correspondente cita congresual autonómica.