Partido Popular de Lugo

Andrea Gil: «Traballaremos pola xuventude de Burela. Seremos voceiros das súas inquedanzas e necesidades «

Burela, 31 de marzo de 2010.- A agrupación de Novas Xeracións de Burela constituiuse hoxe durante un acto ó que asistiu o presidente da xunta xestora provincial Daniel Vega.

NNXX, integrado no PP de Burela, márcase como obxectivo traballar polos mozos e mozos deste municipio e servir de voceiros das súas inquedanzas e necesidades ante as institucións.

Está integrada por:
Presidenta. Andrea Gil Santos
Secretaria Xeral. Jasone Lorenzo Baamonde
Portavoz. José Balbino González Río
Relacións Institucionais. Jenifer Otero Fraga
Responsable Política electoral. Manuel Expósito Rodríguez