Lugo, a 30 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Lugo amosou hoxe a súa satisfacción polo anuncio realizado onte polo Presidente da Xunta de que as caixas galegas inician formalmente contactos para chegar a un acordo sobre a fusión.
O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro non dubidou en sinalar que ésta é unha boa noticia para Galicia, xa que o acordo asinado onte polos máximos responsables das dúas caixas mantén aberta a posibilidade de que a nosa comunidade manteña a súa presenza no mercado financieiro español cun peso específico propio e importante. Salienta neste senso que a caixa resultante da fusión convertiríase na quinta en importancia de todo o Estado e manteríanse os criterios que o Partido Popular defendeu sempre como irrenunciables: a galeguidade e a solvencia.
José Manuel Barreiro considera que a fusión das caixas galegas é, pola súa transcendencia, un asunto de país, polo que confía na responsabilidade de todos para que a decisión final que se adopte redunde en beneficio do interese xeral.