Partido Popular de Lugo

O PP critica á Deputación por retrasar tres anos a mellora dunha estrada en Navia de Suarna

Navia de Suarna, a 27 de marzo de 2010.- O Presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo provincial José Manuel Barreiro, dentro do programa de visitas que está a realizar a todos os concellos da provincia, visitou hoxe o concello de Navia de Suarna e, entre outras cuestións, interesouse polo estado no se atopan as estradas de competencia provincial.

Para Barreiro, que durante a súa estancia en Navia estivo acompañado polo voceiro dos populares no municipio Jesús Fernández, polo ex alcalde Vicente Flores, e polo deputado provincial Manuel González Capón, a conclusión é que os viais presentan un estado moi deficiente, criticou con dureza que a mellora da estrada que discurre entre Seón-Silvouta-Vilaquinte-Donís vaise facer realidade con tres anos de retraso.

Así, o presidente provincial dos populares suliñou que as obras que se van a acometer agora nesta estrada con cargo ó Plan de Obras e Servicios (POS) do presente ano, foran xa adxudicada na xunta de goberno celebrada o 4 de maio de 2007 por importe de 782.000 euros e cun plazo de execución de once meses. 

“As obras poderían estar rematadas xa hai dous anos pero a realidade é que aínda hoxe non empezaron. Resulta inxustificable a demora e deixadez da Deputación con esta estrada, que presenta un estado lamentable, e é sorprendente a desidia amosada polo alcalde que en ningún momento reclamou a execución desta obra, o que resulta aínda máis chamativo se cabe dado que agora el mesmo é deputado provincial”, explicou Barreiro.

Pero o mal estado das estradas de ámbito provincia en Navia non se restrinxe a ésta. Tamén están moi deteriorados os viais que comunican Navia e Castañedo e Navia con Cancela da Serra por Virigo e que une Navia con A Fonsagrada é prácticamente intransitable; similar situación presenta a de Restelo-Navia. 

Os populares instan ós responsables da Deputación de Lugo a non demorar tanto no tempo a execución de melloras nos viais da súa competencia e a esforzarse máis en conservalas nos tempos axeitados para evitar o lamentable estado que presentan agora.