Partido Popular de Lugo

Daniel Vega: “temos que loitar para defender os intereses e as inquedanzas que temos os xóvenes cando emprendemos a nosa vida”

Lugo, a 27 de marzo de 2010.- Daniel Vega releva a Antonio Basanta ó fronte da xunta xestora de Novas Xeracións na provincia de Lugo que tomará as rendas da agrupación ata que se convoque o congreso no que se elexirá a nova executiva.

O traspaso de competencias fíxose efectivo hoxe nun acto desenvolvido na capital da provincia ó que asistiron a presidenta de NNXX de Galicia María Seoane e os outros tres responsables provinciais, Javier Dorado (Pontevedra), Javier Escribano (A Coruña) e Roberto Ameijeiras (Ourense).

A presidenta da xunta xestora no concello de Lugo Cristina López foi a encargada de dar a benvida ós asistentes e abrir o acto. Antonio Basanta indicou pola súa banda que estaba seguro de que NNXX Lugo queda “en moi boas mans” co equipo que encabeza Daniel Vega, quen, segundo dixo, “deu xa sobradas mostras do seu benfacer ó fronte da agrupación de Ribadeo”. E encargoulles “demostrar o puxantes, dinámicos e comprometidos que somos os xóvenes da provincia de Lugo”.

f
O xa novo presidente da xunta xestora na provincia Lugo, que tomou o relevo no uso da palabra da presidenta rexional María Seoane, tivo verbas de agradecemento para o seu antecesorpor estar sempre apoiando cada proposta e cada acto que fixemos dende Ribadeo”, para o máximo responsable do PP en Ribadeo, José Carlos Rodríguez Andina, “por todo o cariño que demostrou hacia Novas Xeracións, tendéndonos a súa man en cada idea e en cada iniciativa”, e tamén para o presidente provincial José Manuel Barreiro que, segundo indicou, “demostrou e está a demostrar un gran interese en que Novas Xeración teñan peso e presencia dentro do Partido Popular”.

Tamén agradeceu “de corazón” ós integrantes de Novas Xeracións de Ribadeo “o traballo desenvolvido, baseado no esforzo, na constancia e, o máis importante, no compromiso co Partido Popular”.

Vega avogou porque “este proxecto que hoxe comezamos continúe despregando as súas velas e saque adiante este barco no que remaremos todos” e adiantou que a agrupación de NNXX na provincia de Lugo, como representantes dos mozos e mozas desta provincia, “temos que loitar para defender os intereses e as inquedanzas que temos os xóvenes cando emprendemos a nosa vida”. Unha loita que, segundo suliñou, pasar por traballar para que o Partido Popular goberne en todos os concellos da provincia.

Sobre os 15 integrantes que conforman a xunta xestora, Daniel Vega dixo que “representan claramente a toda a provincia de Lugo e é un grupo onde non faltará a ilusión, as gañas de traballar e o compromiso co partido, coa provincia e con Galicia”. “Con traballo, con dedicación e todos remando hacia o mesmo porto, Novas Xeracións será cada día máis forte”, concluiu.

XUNTA XESTORA NOVAS XERACIÓNS DO PP NA PROVINCIA DE LUGO
 

Presidente: Daniel Vega Pérez
 

Secretaria General (zona sur-Sarria): Noelia Díaz Bruña
Secretaria General (Lugo Cidade): Cristina López Rois
Secretaria General (Terra Chá-Vilalba): Vanessa Paredes Pardo
Portavoz: Carlos Díaz Bande (Lugo)
 

Vicesecretaria Economia-Vivenda e Industria: Fernando Carreiras Gonzalez (Cospeito)
Vicesecretaria Traballo, Benestar e Familia: Lorena Garcia Osorio (Taboada)
Vicesecretaria Medio Rural, Medio Ambiente e Forestal: Juan Fco Lopez Prieto (Trabada)
Vicesecretaria Educación, Universidades e Cultura: Juan Antonio González Vázquez (Lugo)
Vicesecretaria do Mar: Vicente Vázquez Chao (Viveiro)
Vicesecretaria Deportes: Antonio Recalde Seivane (Lourenzá)
Vicesecretaria de Movilización e afiliación: Juan Manuel López Moirón (Sarria)
Vicesecretaria de acción electoral: Rodrigo Rodríguez López (Chantada)
Vicesecretaria de Mullere en Igualdade: Patricia Rivera Lorenzo (Bóveda)
 

Gabinete de Prensa: Juan Antonio Gallego Prieto (Cervo)

Adrián Mourelle Abruña (Lugo)