Pol, a 27 de marzo de 2010.- O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro presidiu a última hora da tarde de onte unha reunión con representantes do PP e afiliados en xeral do concello de Pol, que se enmarca dentro do plan de traballo establecido pola dirección provincial e que leva os seus máximos representantes a percorrer a provincia e mantener xuntanzas periódicas coas agrupacións locais e comarcais.
No encontro, ademais de chequear o estado e o grado de satisfacción que ten a veciñanza cos servicios que presta o concello e outras administracións, abordouse a vindeira cita electoral. Neste senso Barreiro animou ós populares de Pol a traballar con ahínco e ilusión porque, segundo suliñou, esa será a única garantía que permitirá acadar uns bos resultados nos vindeiros comicios municipais e lograr así a alcaldía.
Con este obxectivo, intensificarase os encontros que os representantes populares neste municipio, encabezados polo seu voceiro José Luis Fugarolas, están a manter coas asocacións veciñais e sociais, así coma cos veciños de todas as parroquias, para recabar información sobre as súas inquedanzas, ter presentes as súas demandas e tomar boa nota das súas suxerencias, sexan da índole que sexan, co fin de incorporalas, na medida que sea posible, ó programa electoral.