A Mariña, 26 de marzo de 2009.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol explicou que o Diario Oficial de Galicia publica no día de hoxe, venres 26 de marzo de 2010, a relación do concellos beneficiados polas axudas e subvencións para a posta en marcha de programas de escolas obradoiro ou obradoiros de emprego.
Segundo o establecido na devandita publicación as achegas da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar) recibidas pola nosa comarca ao abeiro da orde de 2009 ascende a 2.732.785,2 euros segundo o seguinte desagregado:
Concello de Mondoñedo:
1. 548.402,40 (ano 2009)
Concello do Vicedo:
2. 242.562,60 € (ano 2009)
3. 245.212,20 € (ano 2010)
Concello de Xove:
4. 274.201,20 € (ano2009)
5. 277.196,40€ (ano 2010)
Concello de Foz:
6. 274.201,20 € (ano 2009)
7. 277.196,40 € (ano 2010)
Concello de Lourenzá:
8. 295.293,60 € (ano 2009)
9. 298.519,20 € (ano 2010)
MELLORA DA EMPREGABILIDADE.- As escolas obradoiro e obradoiros de emprego, se conciben como programas mixtos de formación e emprego que, promovidos polos concellos ou outras entidades sen ánimo de lucro, están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores ou menores de vinte e cinco anos, segundo proceda, a través da súa cualificación profesional. Ademais son unha ferramenta para a adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.
Malia que a orde de convocatoria destas axudas publicouse en xaneiro de 2009, foi o Goberno do Partido Popular de Galicia quen resolveu o expediente e otorgou as correspondentes axudas aos concellos.