Partido Popular de Lugo

O PP PEDIRÁ NOS CONCELLOS QUE PEQUENAS EMPRESAS E AUTÓNOMOS NON PAGUEN O IVE DAS FACTURAS NON COBRADAS

A Mariña, 24 de marzo de 2010.- O Partido Popular da Mariña pedirá nos concellos da nosa comarca a través dunha moción plenaria que pequenas e medianas empresas e autónomos non paguen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) das facturas que aínda non teñen cobrado.

Visto que o Goberno socialista de Zapatero non da marcha atrás na suba deste imposto, prevista para inicio do verán,  os populares si que esperan que polo menos asuma esta xusta reivindicación das pequenas e medianas empresas e autónomos que agora se ven obrigados a adiantar o IVE cando xeran unha factura, con independencia de que teñan recibido o cobro correspondente ou non, unha situación que implica un serio menoscabo á xa de por si delicada situación económica deste colectivo.

O Partido Popular da Mariña cre que os concellos tamén deben involucrase en dar solucións a  PEMES e autónomos sobre todo tendo en conta que son os propios entes locais os primeiros que atrasan os pagos das facturas dos seus proveedores.

A aprobación final da medida de non ingresar o IVE das facturas non cobradas polos autónomos e as PEMES é de vital importancia para eles dado que uns dos problemas máis graves aos que se enfronta é a falta de tesourería, pois nin  reciben préstamos dos bancos e caixas, nin pagan en tempo e forma os seus clientes pero a Axencia Tribunataria si esixe o cobro do IVE incluso mensualmente. 

UN DOS COLECTIVOS MÁIS AFECTADOS.- Recordemos que PEMES e  autónomos representa o 95% do tecido empresarial  e crea o 85% dos postos de traballo polo que cando pechan, o efecto sobre a economía é unha praga silenciosa e continuada.  Precisamente este colectivo é un dos máis afectados pola suba de impostos que promove o PSOE, e que implicará elevar os tipos impositivos de IVE xeral  en dous puntos, para situarse no 18%, e elevar tamén o reducido nun punto, polo que pasaría ao 8%.