Partido Popular de Lugo

O conselleiro de Educación asistirá mañá a unha reunión da comisión de educación do Partido Popular

Lugo, a 24 de marzo de 2010.- A comisión de educación do Partido Popular organizará mañá un novo foro aberto ó que asistirá como convidado o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, polo que aproveitarase a ocasión para analizar pormenorizadamente, entre outros asuntos relacionados co eido educativo, o borrador do decreto plurilingüe.

O encontro, que se desenvolverá no salón porticado do Gran Hotel a partir das 18:30 horas, enmárcase dentro do programa de reunións periódicas que o Partido Popular promove entre os profesionais da educación e os responsables da Consellería de Educación para tentar garantir que unha e outra parte manteñan unha relación o máis directa e fluida posible. A iniciativa tenta que o profesorado sexa coñecedor das accións que en materia educativa ten en marcha ou prevé levar a cabo a administración autonómica e, por outra banda, que a propia consellería teña constancia das inquedanzas ou dos problemas ós que se enfronta este colectivo.

No encontro participarán, ademais do Presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro, a delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias; o xefe territorial de Educación Jesús Ramos Ledo; e, entre outros cargos orgánicos do partido, a vicesecretaría de Relacións coa Sociedade Manuela López Besteiro.

Apreveitando a súa estadía en Lugo, o conselleiro de Educación ten previsto tamén manter outro encontro con alcaldes e voceiros populares na provincia de Lugo, que tamén terá lugar no Gran Hotel a partires das 20 horas.