Partido Popular de Lugo

Barreiro visitou as instalacións de Alusor e comprometeuse a apoiar un proxecto divulgativo a través da rede

Lugo, a 18 de marzo de 2010.- Representantes do Partido Popular visitaron hoxe as instalacións da Asociación Lucense de Xordos (Alusor) para coñecer de primeira man un proxecto que teñen en marcha encamiñado a facilitar, a través de Internet e mediante a lingua de signos, o acceso á información das persoas xordas.

O máximo responsable de Alusor Miguel Fernández Otero explicou ó presidente provincial dos populares José Manuel Barreiro, ó presidente do PP en Lugo Jaime Castiñeira, á concelleira Sofía López e María Luisa Macía, coordinadora de política social e igualdade da executiva provincial, as características da iniciativa e as dificultades coas que se atopan para seguir adiante con ela e que se centran fundamentalmente na escasez de recursos económicos.

Os representantes populares calificaron de moi interesante o traballo que está a realizar esta asociación e amosáronse dispostos a realizar cantas xestións sexan precisas para lograr a implicación da Xunta no desenvolvemento deste proxecto.