Lugo, a 17 de marzo de 2010.- O Partido Popular de Lugo avoga pola reforma da lei electoral co fin de que os españois residentes no exterior poidan exercer o seu dereito ó voto presencial en urna.
Esta cuestión foi un dos asuntos abordados hoxe durante un encontro mantido polo presidente provincial José Manuel Barreiro cos alcaldes e voceiros populares da provincia para iniciar os preparativos da vindeira campaña electoral para as eleccións municipais na que tamén participou o coodinador de acción exterior do PPdeG Santiago Camba.
Na xuntanza saliu a relucir o dato de que preto do 13 por cento dos lucenses con dereito a voto residen no exterior, o que pon de manifesto a súa trascendencia.
Os populares entenden que o actual sistema é obsoleto, carece de garantías e transparencia e non incentiva a participación do electorado. A reforma da actual lei orgánica foi plantexada en varias ocasións por parte do Partido Popular no Congreso e incluso, segundo salientaron, o Parlamento galego apropou por unanimidade de todas as forzas políticas unha proposición de lei na que instaban ó Goberno central a proceder a esa modificación.
Pese a elo, a revisión da lexislación vixente continúa pendente e é, na opinión dos populares como mesmo suliñou hoxe o propio Alberto Núñez Feijoo no Parlamento galego, prioritario seguir traballando ata lograr o obxectivo de garantir a igualdade de todos os españois, independentemente do seu lugar de residencia, no exercicio dos seus dereitos fundamentais, como é este caso.
O voto en urna ofrecería, segundo indicaron, unha maior garantía á hora de exercer este dereito, ó tempo que dotaría de maior transparencia ó propio sistema e incluso incentivaría a participación.