Partido Popular de Lugo

O PP acusa á Deputación de ter abandoadas as estradas na zona da montaña

A Fonsagrada, a 15 de marzo de 2010.- A rede viaria provincial está abandoada. As estradas non son obxecto das mínimas labouras de mantemento polo que os baches e a gravilla solta na calzada é a imaxe habitual que se repite na meirante parte dos concellos da provincia e de xeito significativo na zona da montaña.

 

O presidente do PP de Lugo e voceiro dos populares na Deputación visitou hoxe A Fonsagrada para comprobar in situ o estado no que se atopan os viais de competencia provincial neste municipio. No percorrido estivo acompañado polo portavoz local do PP Tobías Martínez, pola deputada nacional Olga Iglesias e polo deputado provincial José María González Barcia. 

 

A LU 4606, de Rioxoan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido, que comunica Ribeira de Piquín con Asturias presenta un estado lamentable, que se converte en prácticamente intransitable na parroquia de Carballido e Logares co asfalto completamente levantado e con tal acumulación de pedras que resulta un peligro para a circulación.

 

Ademais, Na estrada que comunica A Fonsagrada con Navia, leva máis de tres anos pendente a execución das obras tendentes a ensanchar a calzada que discurre dende Santa Cruz ó campo de Santiso. Os veciños seguen a espera de que dende a administración provincial confirmen cando se vai a levar a cabo esta obra.  

 

Os populares criticaron o abandono destas estradas por parte da Deputación o que, segundo indicaron, pon de manifesto a pouca sensibilidade que o goberno provincial ten coa zona da montaña. Lamentaron asimesmo que dende o goberno local non se reclame o arranxo urxente destes viais dado o deplorable estado no que se atopan e que pode ser causa de accidentes.

 

A cobertura da televisión dixital foi tamén un dos asuntos abordados no encontro que mantiveron hoxe os representantes populares en A Fonsagrada. Tobías Martínez queixouse de que este concello, pese a ser o primeiro no que se levou a cabo o apagón analóxico, sexa a estas alturas, dous anos despois, o que máis problemas de cobertura ten. Ata tal extremo que en prácticamente todo o municipio non se recibe o sinal da televisión. Por este motivo, mañá ten previsto manter unha xuntanza coa responsable da implantación da TDT en Lugo para tentar buscar unha solución a un problema que se está a alongar no tempo.