Partido Popular de Lugo

A DEPUTADA EMMA ALVAREZ CHAO FOI NOMEADA VOCEIRA DE MONTES DO GRUPO POPULAR NO PARLAMENTO DE GALICIA

Santiago de Compostela, 15 de marzo  de 2010.- O Grupo Parlamentario Popular no Parlamento de Galicia ven de nomear a deputada lucense Emma Álvarez Chao como voceira de Montes, dada a súa ampla experiencia e coñecementos sobre a materia. O Grupo Popular xa decidira segregar ó principio desta lexislatura esta portavocía da de Medio Rural, dada a especial relevancia do monte en Galicia, tanto por extensión como pola súa riqueza, manifestando así o seu compromiso cunha xestión que valorice ese potencial, dende o punto de vista socioeconómico e ambiental. Para o voceiro do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, esta portavocía era demandada e coincide coa  importancia que lle da o actual Goberno da Xunta de Galicia ó futuro da política forestal na nosa Comunidade, como así o amosa a preparación dun proxecto de lei nesta materia.

Emma Álvarez chao naceu en Lourenzá (Lugo) no ano 1974, é diplomada en Ciencias Empresariais ca especialidade de Empresa Financeira pola Universidade de Santiago e dende xuño de 2007 é concelleira-delegada de Medio Rural e Medio Ambiente no Concello de Lourenzá.