Lugo, a 13 de marzo de 2010.- O Presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo Antonio Basanta presentou hoxe a xunta xestora desta agrupación no concello de Lugo durante un acto celebrado hoxe.
Basanta suliñou que esta xestora tomará as rendas da agrupación local ata que se convoque o congreso no que se elexirá a nova executiva. Indicou que as persoas que integran a xestora xa “estaban a traballar intensamente” e amosouse confiado en que “reactivarán a actividade e a presencia de Novas Xeracións en Lugo e que co seu bo facer contribuirán a espallar entre a xuventude o ideario que defende o Partido Popular”. A este respecto tamén dixo sentirse convencido de que “contribuirán de xeito decisivo a que o PP acade á alcaldía da cidade”.
Pola súa banda a presidenta da xunta xestora, Cristina López, fixouse coma principal meta nesta nova andaina “transmitir ilusión e vitalidade” e trasladarlle e promover entre os máis novos o interese pola política municipal.
“Os xóvenes somos o motor do cambio e non podemos permanecer impasibles ante situación actual na que as taxas de paro dificultanos o xa de por si complicado acceso á vivenda e a nosa emancipación”, engadiu.
Entre os obxectivos que se marca a xestora tamén se inclúe aumentar o número de afiliados, ter unha maior presencia na rede e na rúa e facer a súa aportación para que o Partido Popular recupere o goberno municipal e a Deputación.
A xunta xestora está integrada por
§ Presidenta: Cristina López Rois
§ Secretario xeral: Jose Antonio González Vázquez
§ Coordinador de medio rural e medio ambiente: Jose López Méndez
§ Coordinador de novas tecnoloxías: Adrián Mourelle Agruña
§ Coordinador de política social, familia e participación xuvenil: Pablo Flórez Rodriguez
§ Coordinador de educación, cultura e trabajo: Alejandro José Pena López-Boado
§ Completan a xestora Carlos Díaz Bande e Yolanda Yañez Ares como vocais.