Partido Popular de Lugo

Integrantes do movemento senior celebraron onte unha reunión de traballo

Lugo, a 9 de marzo de 2010.- Integrantes do movemento senior, un foro virtual auspiciado polo Partido Popular, mantiveron a última hora da tarde de onte unha nova reunión de traballo para analizar as accións que van a desenvolver nas próximas semanas e que teñen sempre coma principal obxectivo fomentar a participación neste foro de debate, reflexión e información do maior número de persoas.

O blog , www.movementosenior.wordpress.com, naceu coa vocación de converterse nun nexo de relación entre todos os seniors polo que no encontro de onte insistiuse moito na idea de que os usuarios empregasen todos os cauces de comunicación (a traves da propia web, do correo electrónico movementosenior@gmail.com ou mesmo por carta á sede do PP en San Marcos, nº 1, 1º) para facer chegar cantas suxerencias estimen oportunas para introducir novos contidos ou para tratar cuestións específicas que consideren do seu interese.