Lugo, a 8 de marzo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou que a Deputación tiña moita presa por adxudicar o proxecto do Innova-te, dado que, na mesma data, foron convocadas as mesas de contratación para a apertura das ofertas económicas, que se reuniu o día 21 de xaneiro, xoves, e para a aprobación da proposta de adxudicación provisional, que se convocou para o día 25 do mesmo mes, luns.
Segundo os populares, resulta cando menos curioso que só se deixe un día para elaborar o informe técnico sobre as ofertas económicas dun proxecto de tanta envergadura económica, prácticamente 6,7 millóns de euros.
O GPPP lembra que en condicións normais, e en procedementos de adxudicación de contratos significativamente menores, ben de obras ou ben de servicios, o tempo que pasa entre unha mesa e a seguinte é sempre superior ós cinco días, incluido o fin de semana, que a Deputación no impuxo para o Innova-te.
Os populares din “non querer pensar que xa estivese todo claro e aclarado, e que só faltase a formalización das mesas para levar a cabo a adxudicación”.
Asemesmo, dende o GPPP, e sobre o acontecido na reunión da mesa do 21 de xaneiro, indican que “houbo de todo, menos normalidade”. Indican nestes senso que na apertura das oferta económicas e na lectura da valoración do informe técnico de adxudicación rexistráronse algunhas anomalías. Así, varias das empresas concursantes solicitaron acceso á totalidade do informe de Pricewaterhousecoopers e algunas delas plantexaron a posibilidade de presentar un recurso. Mesmo o representante do GPPP na Mesa fixo constar en acta a súa petición do indicado informe, preguntando cándo lle sería entregado.
A resposta da presidencia da mesa non deixa de evidenciar, en opinión dos populares, certo nerviosismo posto que limitáronse a contestar que “cando estean feitas as fotocopias”. A copia do mencionado informe foille remitido ó GPPP ó día seguiante, o pasado día 22 de xaneiro, a media mañá.