Partido Popular de Lugo

BALSEIRO OROL: “GALICIA LIDERARÁ A PETICIÓN E O CAMBIO NO SISTEMA FORMATIVO QUE A PESCA PRECISA”

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2010.- O voceiro de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro Orol indicou hoxe no pleno do Parlamento que “Galicia liderará a petición e o sentido do cambio no sistema formativo que a pesca precisa”  en referencia a iniciativa que defendeu hoxe no pleno do Parlamento, e que se aprobará na sesión de mañá,  referida a reforma das titulacións nautico-pesqueiras coa finalidade de lograr unha maior adaptación á realidade presente. Na Proposición non de Lei se insta á Xunta a apoiar expresamente diante das institucións competentes as reivindicacións do sector pesqueiro referidas a estas titulacións.

A iniciativa solicita que se realice un informe no que se proceda á avaliación do actual sistema de formación de mandos para buques de pesca, para acadar unha maior adaptación da formación a realidade presente. O Grupo Popular tamén solicita que se proceda a revisión da normativa vixente sobre asignación de tripulación mínimas (a que fai referencia a Orde Ministerial de 1964) de tal xeito que reflicta a actual situación tecnolóxica da flota e se adecúe co actual sistema de formación profesional dos tripulantes. Esto se produce, segundo Balseiro, xa que cada vez resulta máis difícil completar as tripulacións mínimas dos buques para que poidan saír a faenar, xa que o número que titulados das escolas e que recalan no sector da pesca é claramente insuficiente para facer fronte ás necesidades.

Balseiro defendeu na súa intervención a necesidade de que os barcos galegos non se vexan prexudicados ante a diversidade normativa entre os países europeos, en materia de cadros mínimos. Para que non supoña unha competencia desleal para a flota galega na Proposición non de Lei o PPdeG defendeu que se senten as bases para harmonizar as esixencias legais dos cadros mínimos de tripulación a nivel comunitario de tal xeito que a diversidade na atribución de competencias entre os distintos postos do escalafón, nos diversos países membros da Unión Europea, non constitúan unha competencia desleal.Así os patróns, os oficiais da ponte, os contramestres, o persoal de máquina terana s mesmas funcións segundo a normativa europea.

O voceiro do Mar do PPdeG indicou que “non conformamos con que Galicia saia perdendo, nin con pechar os ollos como fixo o bipartito, ante a progresiva substitución dos tripulantes galegos, e o PPdeG aposta por unha homologación completa a nivel europeo en atribucións pero tamén de títulos profesionais”. Deste xeito na iniciativa aprobada se solicita que se realice un estudo sobre a posibilidade de establecer un marco legal común nas atribucións dos titulados náutico pesqueiros para todos os países de Europa e, ao mesmo tempo, homologable dentro da Organización Marítima Internacional.