Partido Popular de Lugo

César Aja: “Que o xulgado arquive toda as causas abertas contra nós sen a celebración dun só xuizo deixa claro que todas as acusacións eran falsas”

Lugo, a 15 de febreiro de 2010.- O Presidente do Partido Popular de Viveiro Cesar Aja comparecen hoxe para valorar positivamente a decisión do xulgado de Viveiro e do Tribunal Supremo de arquivar todas as causas abertas contra el e os membros do seu equipo de goberno por diversas causas e nas que o acusaban, entre outros delitos, de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias.

Aja, que estivo acompañado polo Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro, o secretario xeral dos populares lucenses e por varios dos concelleiros incluidos nas causas, suliñou que nestes seis anos de “calvario” non se celebrou nin un só xuizo polas diferentes dilixencias abertas polo xulgado a instancias da fiscalía e “que todas se foron arquivando durante a tramitación das dilixencias previas”.

Laiouse asimesmo de que non se aplicara con eles a presunción de inocencia e que o fiscal dera credibilidade as acusacións feitas contra el e os seus compañeiros e decidira imputados sin sequera citalos a declarar coma testigos para que puideran dar a súa versión dos feitos e aportar documentación na súa defensa. “Tivemos que demostrar nos que eramos inocentes”, apuntillou. Criticou tamén que “algúns representantes políticos empreguen a mala práctica de xudicializar a política municipal” que, segundo a súa opinión, “só serve para promover enfrontamentos e dilapidar os fondos públicos”.

Cesar Aja lembrou que este asunto remóntase a xaneiro de 2004 cando o daquela grupo de goberno de Viveiro, conformado por socialistas e nacionalistas, levaron a pleno unha moción na que daban conta á Fiscalía dunhas presuntas anomalías na adquisición duns terreos por parte do Concello durante a súa etapa como alcalde. “Xa naquel intre dende o PP de Viveiro opuxémonos a adopción desa medida ó considearr que non era a fórmula máis axeitada”, indicou.

A raiz desa denuncia do bigoberno municipal o fiscal abriu 15 dilixencias, das que xa na primeira fase sete quedaron desestimadas. As outras oitos foron, segundo explicaron os populares, paulatinamente arquivadas, “o que”, segundo Aja, “danos a razón no que nós mantíñamos dende o principio, que non había ningún delito penal e que as acusacións que se nos facían eran falsas”.

Das oito que continuaron adiante, catro estaban no Xulgado número 1 de Viveiro. Unha delas ía directamente contra Cesar Aja, na que o acusaban de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias pola presunta contratación ilegal de 78 persoas; outra contra Aja e dez concelleiros populares máis pola compra do cargadero de mineral  de A Insua na que os acuaban prevaricación, malversación de caudais públicos e falsedade de documentos públicos.

A terceira, pola compra do pazo da Misericordia, abriuse contra Aja e Joaquín Gayoso, así coma contra os concelleiros que votaran en pleno a favor da adquisición deste inmoble, e acusábamos dos delitos de prevaricación, malversación de caudais públicos e tráfico de influencias. Unha cuarta causa, sin destinatario concreto, referíase á realización de obras con fondos do concello en presuntas casas particulares.

No xulgado número  2 de Viveiro había outras catro causas, que tamén como as anteriores foron arquivadas o non detectarse ningún delito. Tratábase en concreto da hipotética adquisición e conumo de marisco por parte de Cesar Aja, que acabou incluso no Tribunal de Contas; outra polo cobro indebido de dietas; unha tercera polo pago de varias facturas de diferente índole (equiparación salariais, gratificacións e nombramentos de funcionarios, pago de dietas, etc) e outra, na que se imputaba a Aja e un contratista pola realización de obras en propiedades privadas e facturas falsas. Neste caso deuse a circunstancia de que unha das obras foroa encargada polos propios denunciantes. 

O Presidente dos populares de Viveiro e os daquela compañeiros de goberno agradeceron o apoio que en todo momento recibiron dos responsables do Partido Popular a nivel provincial e autonómico e loubou asimesmo o feito de que “todos os afectados nos mativeramos unidos durante todo este tempo”.