Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR POSIBILITA UN ACORDO PARLAMENTARIO UNÁNIME EN APOIO DO PLAN DE VIABILIDADE DA CONSERVEIRA ALFAGEME CO OBXETIVO DE MANTER A SÚA ACTIVIDADE E OS EMPREGOS

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2010.- O Grupo Popular posibilitou un acordo parlamentario unánime no pleno da Cámara galega celebrado esta mañá no que se instou á Xunta de Galicia á búsqueda   das garantías necesarias para que a actividade da empresa conserveira Alfageme poida ter continuidade grazas ao desenvolvemento do seu plan de viabilidade e garantindo con elo o mantemento do emprego.

Para o voceiro do Mar do PPdeG, José Balseiro Orol, “a dilixente postura do novo Goberno galego é a de facer todos os esforzos necesarios para que se poda chegar a un acordo entre a empresa, as entidades financeiras acredoras e a representación legal dos traballadores”.

O deputado popular indicou que a Xunta debe implicarse, como xa o está a facer,  na busca de inversores para reflotar a empresa e  facilitar novos avais para a concesión de créditos a través do IGAPE, “convertido nun instrumento imprescindible de apoio ás empresas galegas, estean ou non en crise”.

DIRECCIÓN PROFESIONALIZADA E GARANTÍA PARA OS TRABALLADORES.- En todo caso o plan de viabilidade deberá desenvolverse condicionado ao nomeamento dunha nova dirección profesional na conserveira, e aos pactos que poidan levarse adiante xunto co Comité de empresa e as consellerías correspondentes en materia de industria e emprego.

Ademais o acordo final inclúe un terceiro punto no que se establece que, no caso de que se complete algún traslado de persoal dunha factoría a outra, será nunhas condicións dignas pactadas entre a nova dirección e o Comité de empresa.

O BIPARTITO NON CONDICIONOU O APOIO Á VIABILIDADE DA EMPRESA.- Balseiro Orol garantíu que o novo Goberno  galego fará “aquelo que o bipartito ou non soubo, ou non quixo facer”, en referencia ao que cualificou como un “grave erro” cometido polo anterior Executivo autonómico, cando acordou a concesión de avais e apoios a través do IGAPE á empresa conserveira sen condicionar estes apoios nin á profesionalización da dirección, nin a un rigoroso control no cumprimento do plan de viabilidade por parte dos xestores da conserveira.