Partido Popular de Lugo

López insta a Rodríguez a explicar as razóns polas que estivo caladiño cando BNG e PSOE querían desmantelar o hospital de Monforte

Monforte, a 9 de febreiro de 2010.- O deputado e concelleiro do Partido Popular Dámaso López pregúntase a razón pola que o alcalde monfortino Severino Rodríguez non se amosou tan activo na defensa dos intereses dos veciños do municipio cando os seus compañeiros do Bloque, en colaboración co PSOE, tiñan previsto desmantelar o hospital de Monforte mediante a reordenación das áreas sanitarias, de tal xeito que a Zona Sur integrábase na de Lugo. “Unha desfeita que evitou a actual Xunta”, apuntillou.

López considera que o “repentino” interese do rexidor monfortino por erixirse “precisamente neste intre” no valedor dos intereses dos monfortinos “responde a súa mala conciencia por estar moi caladiño durante a etapa do goberno bipartito na que non moveu un dedo nin reivindicou nada para mellorar a prestación sanitaria que estaban a recibir os monfortinos”.

Dámaso López salientou asimesmo que Severino Rodríguez coñece “perfectamente e de primeira man” a situación do hospital de Monforte polo que recomendoulle que “abandone esa actitude de manifestante desairado” porque, segundo dixo, “é de sobra coñecido por todos a súa tendencia a colocarse tras unha pancarta porque na memoria de todos está aínda presente o conflicto da auga”.

López engadiu que “a mellor garantía de que o hospital de Monforte vai a seguir mantendo a súa autonomía e que verá reforzados e mellorados os servizos que presta é que o Partito Popular esté na Xunta”. “O tempo poñerá a cada quen no seu sitio e desenmascará ós que empregaron, con argumentos demagóxicos, un asunto tan sensible como a sanidade para buscar un rédito político”.

O representante popular asegura que “os veciños de Monforte non queren saír á rúa”, senón que é o Alcalde, “o quere sacalos”. Razón pola que non dubida en calificar de “noxenta” a manipulación que está a facer sobre este asunto.

RELATO DOS FEITOS.- Neste cotexto, López lembra que a mediados de outrubro Severino Rodríguez animou á movilización para esixir a continuidade da área sanitaria de Monforte e que, con ese obxectivo, convócase para o día 16 unha reunión na Franternal. Os argumentos esgrimidos daquela non resultaron suficientemente convincentes para que os asistentes decidiran constituir a plantaforma. Dez días despois volta a intentarse, pero tampouco o consiguen. “Nunha terceira reunión, á que eu non asistín e valéndose do engano a algunhas persoas que actuaban de boa fe e ás que só movía a ansia de que o hospital funcione o mellor posible, logran por fin constituir a plataforma, conformada por xente, insisto, de boa fe á que so move o interese de Monforte, xunto con militantes do BNG e a CIG”, relatou Dámaso López. 

“Aclarado como se constituiu a plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte”, engade López, “o alcalde critica a quen o acusamos de manipulador. Pero o certo é que a plataforma, despois de reunirse co xerente do hospital e pese á petición realizada polos medios de comunicación, non fixeron ningunha valoración ata que non os aleccionaron sobre o que tiñan que dicir. O mesmo que aconteceu cos cinco membros que se reuniron coa conselleira de Sanidade en Santiago, que tampouco dixeron nada ata recibir consignas. E como a conselleira lles dixo que nin se pechaba o hospital nin se suprimía a área sanitaria, só puideron dicir que lles quedaban dúbidas”.

A conselleira de Sanidade, segundo explicou Dámaso López, tanto en pregunta orais coma escritas no Parlamento galego, non só negou que se fora a desmantelar a área sanitaria de Monforte senón que asegurou que se ía potenciar. “Supoño que por esa razón o Sr Tome dixo o que dixo”, apuntilla o deputado popular.

Salienta asimesmo López que o BNG, ata o pasado día 4 de febreiro, “non se tiña interesado no Parlamento por nada relacionado co hospital de Monforte”. Ese día os nacionalistas presentaron unha Proposición non de Lei na que pedían que se mantivera a área sanitaria de Monforte. Unha proposta que foi enmendada polo PP, que engadiu a esa petición que se amplíen as competencias actuais así como o catalogo de servicios e que se foran integrando tamén de xeito coordinado os distintos centros de saúde de atención primaria, e que foi aprobada por unanimidade”.

“Claro está”, suliña López, “que o BNG nada se preocupou polo hospital de Monforte e que o único que quería era politizar o asunto e armar lío”.

Severino Rodríguez, segundo o representante popular, pretende xustificarse agora dicindo que el está onde está a xente e onde ve dificultades, pero a pregunta é: “ónde estaba estes catro anos atrás, cando as nosas mulleres ían parir a Lugo ou a Ourense porque estaba pechada a axenda de xinecoloxía. Ónde estaba el e máis quen fixo de voceira durante a última asamblea da plataforma cando durante catro anos nos se operaba a ninguén en Monforte por falta de persoal; Ónde estaba o alcalde cando con data 7 de outubro de 2008 aparece a proposta de ordenación sanitaria de Galicia feita polo bipartito na que se contemplaba a desaparición da área sanitaria de Monforte e a súa integración na de Lugo, así como a área de Burela se integraba na de Ferrol?”

A conclusión para Dámaso López é que o alcalde de Monforte “só quería armar lío porque sabía que o hospital non se ía pechar. Pero cando a xente vira que non se pechaba, pretendía dar a entender que era pola súa presión e cando se decatou de que eso non tiña forza, comenzou coa supresión da área sanitaria, machacando co conto de que o poder de decisión non ía estar en Monforte”.

López convida a Severino Rodríguez a “abandonar este xeito noxento de facer política” e convidao “a facer algo polo noso pobo porque leva sete anos sendo alcalde e sería convinte que nos enumerara unha soa obra nova que fixera vostede”.

TRANQUILIZAR Á CIDADANÍA.- Dámaso López insiste en suliñar que os monfortinos poden estar “seguros e tranquilos de que nin o hospital se pecha nin a área sanitaria desaparece”. Adianta asimesmo que o Partido Popular presentará en todos os concellos que teñen como referencia o hospital comarcal de Monforte unha moción na que se solicita non só que as cousas queden como están, como pediu hai pouco o BNG no Parlamento, senón que se potencie o centro sanitario ata lograr recuperar o grao de aceptación que tivo no seu día e que o convertiu no segundo hospital de referencia de Galicia, tanto polo número de operacións, de diagnósticos, e de consultas que nel se facían, así como para que se integren nel de xeito coordinado os distintos centros de saúde dos concellos da área de influencia do hospital monfortino.