Partido Popular de Lugo

Barreiro preguntará no Senado se Fomento ten previsto instalar un cementerio nuclear en Palas de Rei

Lugo, a 29 de xaneiro de 2010.- O senador José Manuel Barreiro preguntará na Cámara Alta ó ministro de Fomento José Blanco se ten previsto instalar un cementerio nuclear no concello de Palas de Rei.

O senador lucense interesarase polas previsións de Fomento a este respecto despois de que Blanco se amosase favorable a unha hipotética ubicación dun almacén temporal centralizado de residuos nucleares neste municipio lucense. Unha cuestións que, ó entender de Barreiro, está fora de lugar.

“Resulta moi desafortunado que o ministro de Fomento implique na polémica xurdida sobre este asunto a un concello que en ningún momento manifestou interese en este tipo de instalacións. Non sei si responde a unha maniobra do Sr. Blanco para desviar a atención sobre outros asuntos de maior trascendencia pero o que está claro é que o seu plantexamento provocou inquedanza entre os veciños deste municipio, un malestar que non tiña que terse producido e, precisamente por esta razón, debe dar explicacións sobre as súas declaracións e sobre as intencións do Goberno, se é que ten algunha, a este respecto”.