A Fonsagrada, a 27 de xaneiro de 2010.- A convocatoria de axudas da Consellería de Medio Rural, a través de fondos europeos, encamiñadas a diversificar a economía no medio rural foi o asunto abordado onte nunha xuntanza organizada polo Partido Popular en A Fonsagrada.
As deputadas autonómicas Isabel García e Emma Álvarez, acompañadas da deputada nacional Olga Iglesias, foron as ponentes neste encontro que se enmarca dentro dun calendario de encontros que os cargos electos do Partido Popular desenvolverán por toda a provincia para dar a coñecer o traballo que desenvolven nas respectivas cámaras e para ofrecer información de primeira man sobre asuntos que, pola súa relevancia ou repercusión social, revistan interese para a cidadanía.
Fomentar este achegamento dos cargos electos populares á sociedade á que representan tamén se enmarca dentro da política de proximidade ou a pé de rúa que se está a promover dende a dirección provincial do partido en todos os ámbitos de actuación. Unha filosofía cuxo fin último é manter o maior grado de dinamismo dentro do propio partido ó interactuar o máis directamente posible con persoas individuais, sectores ou colectivos sociais que, coas súas aportacións, tamén contribúen a enriquecer o programa de actuación do PP de Lugo.
Na Fonsagrada falouse das líneas de axuda que ten abertas a Consellería de Medio Rural e que teñen como principal obxectivo dinamizar a actividade económica e fixar poboación no medio rural. Tratan asimesmo, segundo explicou Isabel García Pacín, de diversificar a actividade productiva neste entorno no que predomina o sector agrogandeiro e promover así un complemento as rentas agrarias.
Na xuntanza, na que participaron empresarios de turismo rural, gandeiros e autónomos, tamén estiveron presentes os alcaldes de Baleira e Ribeira de Piquín, así coma os voceiros municipais nos municipios de Cervantes e A Fonsagrada.
Os asistentes tamén se interesaron por outros asuntos como as enerxías renovables, a implantación das novas tecnoloxías no medio rural, así como as axudas disponibles para a adquisición de TDTs, entre outros.