Partido Popular de Lugo

Olga Iglesias foi reelexida presidenta da xunta local do Partido Popular en Triacastela

Triacastela, a 25 de xaneiro de 2010.- Olga Iglesias Fontal foi reelexida por aclamación Presidenta do Partito Popular en Triacastela durante a asamblea xeral convocada para tal fin e á que asistiron o Presidente provincial e o Secretario xeral José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente.

Acompañan a Iglesias Fontal na nova executiva, Bautista Arias Pombo como secretario e os vocais Mónica Aira Pol, José Manuel Balboa López, Aurita Fernández Pardo, Pedro José Fernández Valcarcel, Mª Isabel Fontal Pérez, Luís López Arias, Mª  Elena López Dablanca, Luís López López, Jesús López Tallón, Jesús Montaña Carballo, Manuel Montaña Carballo, Elías Páez Busto, Sergio Rodríguez López, Miguel Rubio Díaz    , José Manuel Salgado Pardo e Juan Carlos Vilarín Páez.

Gañar as próximas eleccións municipais en Triacastela é o principal obxectivo que se marca Olga Iglesias nesta nova andaina ó fronte do Partido Popular local. Ademais, segundo adiantou, centrarán a súa actividade en mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio porque, segundo salientou, os habitantes dos concellos pequenos e rurais teñen os mesmo dereitos que os de maior población ou de ámbito máis urbano.  

Indicou asimesmo que ten previsto establecer na próxima xuntanza co comité local a creación de varias secretarias. Inicialmente centraranse nos ámbitos que teñen máis repercusión no concello, así crearanse tres secretarías: a de medio rural, a de benestar e a de turismo e Camiño de Santiago.