Lugo, a 25 de xaneiro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular interesarase mañá durante o pleno que se celebrará na Deputación polo estado de conservación e mantemento no que se atopa a rede viaria provincial.
En concreto, os populares requerirán información sobre os criterios que se seguiron para establecer as prioridades de actuación e os distintos tratamentos usados para a conservación e mantemento nos tramos da rede viaria que presentan importantes deficiencias e que nalgúns casos incluso provacaron numersos accidentes, así como as solucións que teñen previsto acometer para solventar tales problemas e cando se van a realizar.
Os populares tamén se interesarán polas actuacións que se levaron a cabo por parte da Deputación en Fitur para promocionar e difundir o potencial turístico da provincia, así como os recursos, materiais e humanos, cos que contou a administración provincial na citada feira para este fin.