Partido Popular de Lugo

Constituídas as sete comisións de traballo da xunta local do Partido Popular

Lugo, 25 de xaneiro de 2010.- O presidente da xunta local do Partido Popular de Lugo, Jaime Castiñeira Broz, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos presidentes das distinas comisións que funcionarán no seo do comité local.

Durante o encontro  constituíronse as sete comisións que estaban anunciadas e máis fixouse  a axenda dos temas a tratar. Castiñeira indicou que entre outros obxectivos “o que se busca é pulsar a opinión das bases do partido así como de distintos colectivos para recoller propostas para mellorar Lugo”·.

Os concelleiros do grupo municipal terán un papel activo nestas comisións. Un concelleiro do grupo participará en cada unha delas co obxecto de coordinar as accións que se leven a cabo co traballo do equipo do concello.

Castiñeira indicou que a estructura de traballo non é pechada, e deixou aberta a posibilidade a que se formen novas comisión sde traballo de asuntos de vital importancia para o futuro da cidade.

Forman parte da:

Comisión sénior: Luis Pérez Vila (coordinador), Serafín Rodríguez, Alicia Peña Murias.

Comisión de  turismo.- Paloma Vázquez Fernandez (coordinadora), Angel Trabada, José Antonio Díaz  Escolante.
Comisión  novas tecnoloxías.- Ignacio Somoza Vila (coordinador), Raquel Castiñeira Castelo, Cristina Ares.
Comisión tráfico e transporte .- Enrique Rozas López (coordinador), Jesús Fandiño Sánchez, Alicia Rebolo Rivas.
Comisión de comercio e industria.- Teresa Taboada Candal (coordinadora), Juan Castro Gil, Roberto Lucas Cabanas
 

Canto a comisión sanidade e a de educación actuarán como enlace coas comisións que funcionan a nivel provincial as concelleiras Sofía López Linares e Alicia Peña Muras.

 

O presidente da xunta local, Jaime Castiñeira, explicou que o reto que se marca o equipo da xunta local é traballar duro para ilusionar á xente. A defensa do proxecto do PP ten unha finalidade clara conseguir o triunfo para o partido nas municipais”.