Vilalba, a 22 de xaneiro de 2010.- O desenvolvemento tecnolóxico que se ven experimentando nos últimos anos no eido da información e a comunicación obriga as administracións e a sociedade no seu conxunto a adaptarse a ese proceso que ten como obxectivo final mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Neste contexto situou o Presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro o seminario organizado por Faes en Vilalba baixo o lema “As TICs no ámbito municipal” durante a súa inauguración no que participaron cargos políticos populares de toda Galicia.
“É clave desenvolver todas as ferramentes que faciliten a maior calidade do servicio que se lle ofrece ós cidadán, tanto dende o punto de vista formativo como de creación de infraestructuras tecnolóxicas, e neste ámbito as novas tecnoloxías da información e a comunicación son básicas para acadar ese obxectivo”, asegurou.
Na súa opinión, calquer administración debe desenvolver programas que estén de acordo con este nova situación tecnolóxica, de aí que o PP incluira no seu programa electoral das pasadas eleccións autonómicas cuestións relativas á formación e a posta en marcha de iniciativas neste terreo. A Xunta, de feito, segundo salientou, ven de presentar programas novedosos a este respecto e está a redactar un plan estratéxico integral para este sector.
Para Barreiro hai aínda moito que avanzar neste eido, sobre todo dente o punto de vista de dotar das infraestructuras necesarias que permitan o total desenvolvemento das TICs. No afondamento do aspecto formativo e divulgativo que leva consigo este proceso, enmarcou este seminario que centra a súa anteción no ambito local precisamente porque son os os concellos a administración máis próxima ó cidadán e a quen máis apremian os propios cidadáns para que se resolvan os problemas que xurdan.
No seminario presentáronse tres ponencias nas que se analizou o futuro das TIC e o impacto que terán nas rexións, cidades e cidadanos; a importancia do despliegue de infraestructuras que permitirán mellorar a competitividade e a calidade de vida e a nova fronteira da administración electrónica e o futuro das TIC nas entidades locais.