Santiago, 21 de xaneiro de 2010.- “O conxunto das institucións, e particularlmente as Cámaras lexislativas, estamos especialmente obrigados a liderar a búsqueda de solucións á intensa crise que nos azouta”, segundo asegurou esta tarde o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, que representou á Cámara no acto inaugural do Foro sobre competitividade que, dirixido por Rodrigo Rato, se celebra desde hoxe e ata o sábado na sede lexislativa galega.
Respecto á oportunidade desta actividade académica, Balseiro Orol aclarou que “non é casualidade” que o foro se celebre no Parlamento de Galicia, por ser unha institución comprometida na búsqueda de “ideas e experiencias valiosas” que podan resultar de utilidade para os seus integrantes, pero tamén para os membros doutras Cámaras.
“Ser parlamentario é moito máis que asistir aos debates que se celebran en pleno ou comisión, do mesmo xeito que un Parlamento é moito máis que o continente que alberga a celebración de debates de maior ou menor calado social”, engadiu Balseiro afondando na oportunidade de organizar e acoller este foro no Pazo do Hórreo.
Nesta liña, valorou o feito de que neste curso estean inscritos participantes procedentes “da diversa xeografía española e de diferente militancia política, unha pluralidade que caracteriza tamén aos ponentes, máis aló da incontestable solvencia profesional que define cada unha das súas traxectorias”.
Algunhas propostas.- A xuízo do representante do Parlamento de Galicia, “superar a crise económica debe presidir os esforzos de cantos nos dedicamos ao servizo público: e ese obxectivo debería materializarse a través dunha conduta persoal intachable de todos os actores, pero moi especialmente dos cargos políticos; cunha xestión exquisita dos recursos públicos, na que a austeridade no gasto corrente o impregne todo; e coa adopción de políticas cribles superadoras do cortoplacismo e capaces de infundir confianza o conxunto da sociedade”.
Na súa intervención, Balseiro tivo tamén palabras de agradecemento para os patrocinadores e organizadores deste curso sobre competitividade, organizado polo Centro de Estudos de Políticas Públicas e Goberno da Universidade de Alcalá.
Rato recomenda competitividade para superar a crise.- O director do curso, Rodrigo Rato, pola súa banda, amosouse convencido de que a crise actual é a máis intensa desde a segunda guerra mundial e chamou a atención dos riscos que se derivan dun baixo crecemento económico nos países industrializados no futuro próximo.
Da economía española, destacou o seu elevado déficit exterior, unha situación que, para ser superada, requiere dun incremento da competitividade do conxunto do país.
Simultamente, advertiu que o elevado endebedamento no que teñen incorrido os Gobernos para saír da crise só poderá ser superado mediante elevados crecementos económicos que permitan incrementar a recadación fiscal. Con crecementos baixos, a recadación fiscal brilla pola súa ausencia, concluíu o exdirector xerente do FMI.