Lugo, a 20 de xaneiro de 2010.- Manuel Torre Iglesias participará o vindeiro día 29 en Lugo na presentación oficial do foro dixital “movemento senior” que promove o Partido Popular lucense.
O programa do acto pechouse hoxe durante a reunión quincenal que celebra o comité de dirección e na que se considerou que o coruñés Torre Iglesias era a persoa idónea para apadriñar este acto, dado que boa parte da súa traxectoria profesional está vinculada coa conducción en diversos medios audiovisuais de programas divulgativos relacionados coa saúde. A saúde e os hábitos saudables son precisamente un dos asuntos abordados na páxina web www.movementosenior.wordpress.com impulsada polo Partido Popular, aínda que non o único posto que tamén se fai referencia ó ocio ou ás viaxes, entre outros.
Dende esta formación política insisten en suliñar que as persoas maiores ás que está especialmente dirixido este foro de debate on line dispoñen de moitas capacidades que están en disposición de compartir, así como moitas gañas de manterse activos. As súas preocupacións e reflexións sobre o discurrir da vida en xeral non corresponden únicamente a este grupo de idade que supera os 60 ou 65 anos senón que son tamén perfectamente asumidas e compartidas polo resto da poboación, independentemente da súa data de nacemento.