Partido Popular de Lugo

José Lamela asumiu a dirección do Partido Popular en O Valadouro

O Valadouro, a 19 de xaneiro de 2009.- José Lamela Piñeiro asumiu a última hora da tarde de onte a presidencia do Partido Popular de O Valadouro durante unha asamblea xeral de afiliados convocada para tal fin.

Acompáñano na exectuvia, que foi elexida por aclamación, Antonio Lorenzo Palmeiro coma secretario e Prudencio Cuba Cuba coma tesoreiro, xunto con sete vocais máis: Eulogio Fernández Sampayo, Ramón Cao Hermida, Cesareo Seara Balmayor, Julio Expósito Expósito, Ginés Cao Rivera, Juan García Pedreira e Cándido Rodríguez Balmayor. “Hai históricos do partido no municipio e persoas que se incorporaron a este proxecto en datas máis próximas. Trátase de conxugar a visión que poden aportar uns e outros, o coñecemento que otorga a experiencia política de moitos anos coa innovación e o impulso dos máis novos”, explicou.

O novo presidente local asume esta responsabilidade co propósito claro de estar en contacto directo e constante coa militancia e coa intención de desenvolver unha campaña de captación de novos afiliados. “E hai que seguir traballando, con máis énfase se cabe, de cara as vindeiras eleccións municipais”, engadiu.

A executiva local manterá reunións periódicas, inicialmente mensuais, para analizar as cuestións que afecten ó municipio e para trasladar propostas o equipo de goberno municipal. “A colaboración co grupo municipal será moi estreita. Non podería ser doutro xeito porque varios membros da directiva somos membros do equipo de goberno, principiando polo propio alcalde”, explicou.

Á asamblea xeral para a renovación da xunta local do Partido Popular de O Valadouro asistiu o Secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, quen enmarcou a importancia do proceso de renovación das agrupacións locais na “posta a punto” da estructura organizativa interna do partido.