Partido Popular de Lugo

Barcia: “Todas as facturas abonadas vía decreto o pasado decembro están fora de contrato e non tiñan consignación nos orzamentos da Deputación”

Lugo, a 19 de xaneiro de 2010.- “Como explica Antonio Gato que nos orzamentos da Deputación provincial non se contemple consignación para a limpeza ou para abastecer de provisións o hospital de San Rafael ou que non houbera contratos para a prestación deste servizo ou para a adquisición deses suministros?”. Con esta pregunta respostou hoxe o voceiro adxunto dos populares na administración provincial José María González Barcia “a pobre explicación” que o voceiro dos socialistas deu ó feito constatable de que durante o pasado ano aprobouse o pago de facturas por importe de 2,2 millóns de euros sen contar coa conformidade do servizo de Intervención.

Barcia recoñeceu que sempre pode haber imprevistos ós que a Deputación ten que atender, pero nesta categoría, segundo salienta, non entra, por poñer só algúns exemplos, o xa mencionado servizo de limpeza dos edificios provinciais, as labores de mantemento das caldeiras de calefacción ou dos ascensores ou o propio suministro de alimentos lácteos ou productos conxelados para o centro hospitalario de Castro.

“Todos estos gastos son previsibles e todas as facturas, abonadas vía xunta de goberno ou decreto da Presidencia e que en conxunto supoñen preto do dous por cento do presuposto total da Deputación do 2009, carecen de contrato e por tanto consignación orzamentaria específica”, insistiu Barcia.