Partido Popular de Lugo

Dámaso López: “Tomé Roca minte”

Monforte, a 14 de xaneiro de 2009.- O 71,2 por cento dos alumnos matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e en Educación Especial nos doce concellos que conforman a Zona Sur recibiron axudas para a adquisición de libros de texto.

“Os datos confirman, por tanto, que o deputado e voceiro do PSOE en Monforte minte”, asegurou hoxe o tamén deputado e membro da corporación monfortina Dámaso López. “A demagoxia do Sr. Tomé non ten límites e resulta patético que un día si e outro tamén se adique a lanzar acusacións falsas dando cifras sesgadas que nada teñen que ver coa realidade”.

Así, segundo explicou o representante popular, dos 1.151 alumnos matriculados nos centros educativos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga nos cursos indicatos, 820 son beneficiarios das axudas da Xunta para a adquisición de libros de texto. “O que quere dicir que a Zona Sur de Lugo supera a media de beneficiarios de Galicia, que se sitúa ó redor do 65,5 por cento”, engadiu López Rodríguez.

Así, segundo os datos aportados polo deputado do Partido Popular, o 66,4% dos rapaces matriculados en Monforte recibiron axudas, xa foran de 104, 180 ou 250 euros, segundo as súas características. No caso de Sober, foi o 73,7%; en Pantón, o 80%; en O Saviñao, o 74%; en Bóveda o 69%, e en A Pobra do Brollón, o 83,3 por cento.

En total, na comarca de Lemos, dos 514 alumnos beneficiados, 148 recibiron 104 euros para mercar os libros de texto; 341 recibiron unha axuda de 180 euros e 25, cada súa por importe de 250 euros.

No que respecta á comarca de Quiroga, en Courel beneficiaronse desta medida o 62,5 por cento do alumnado; en Ribas do Sil, o 100% e en Quiroga, o 82,2 por cento. En concreto, houbo 25 axudas de 104 euros; e 49 por importe de 180 euros.

No caso da comarca de Chantada, en Carballedo os receptores destas axudas ascenden a 76,3 por cento; en Chantada o 71,6% e en Tabeada, o 87,3%. En total, 83 alumnos recibiron 104 euros; 143 recibiron 180 euros e 4 recibiron 250 euros.

“Á vista destes datos, queda claro que José Tomé interpreta de xeito malientencionado os datos facilitados pola Consellería de Educación e queda igualmente patente que rexeita a implantación dun modelo solidario que axude a reducir as desigualdades en Galicia e fomente a converxencia da renda entre as familias máis podentes e as de menos recursos”.