Partido Popular de Lugo

Os populares consideran que a Deputación bipartita marxina á zona sur da provincia

Monforte, a 7 de xaneiro de 2010.- Os populares da Zona Sur da provincia, comarca de Terra de Lemos xunto cos concellos de Carballedo, Chantada e Taboada, manifestaron hoxe nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP monfortino que a comarca está a ser marxinada pola Deputación bipartita e que non hai previsión para este ano de que se vaia a realizar ningún proxecto importante tendente a promocionar o sector turístico da zona.

Os deputados provinciais do PP José Manuel Arias López, José Manuel Mato Díaz e José María González Barcia, acompañados da diputada nacional Olga Iglesias, os deputados autonómicos Dámaso López e José Antonio García, así como por alcaldes e cabezas de lista de concellos da Zona Sur, afirmaron que o compromiso da Deputación de Gómez Besteiro e Antón Bao coa comarca presenta un saldo claramente negativo, xa que as pretendidas apostas polos sectores turístico e agrogandeiro son mínimas.

Os populares afirmaron que fóra das aportacións para o Plan de Obras e Servicios, POS; e ademais das obras do canon, que non e máis co cumplimento dunha sentencia xudicial, só quedarán as aportacións a pequenas obras levadas a cabo por asociacións veciñais, que xa veñen tamén da etapa do PP na Deputación e que no seu momento foran tan criticadas por PSOE e BNG.

Os deputados provinciais do PP criticaron que a Deputación marxine ós concellos de menos de cinco mil habitantes afectados polo canon, ó non concederlles axudas para pequenos equipamentos.

A marxinación, segundo os populares, chega ó extremo que algún alcalde ainda está agardando a ser recibido oficialmente polo propio presidente da Deputación, o que significa que Besteiro, hai dous anos e medio, minteu cando dixo que gobernaría para todos, e que en tres meses visitaría todos os concellos. Nin os visitou todos, nin goberna para todos, agás “todos os que pensa coma el”.

Barcia, Arias e Mato avalaron as súas afirmacións con datos, e aseguraron que o investimento real novo, segundo o anexo de investimentos que aparece nos propios presupostos da Deputación , redúcese a 276.050,00€.

DESATENCIÓN Ó SECTOR TURÍSTICO.- Arias, Mato e Barcia fixeron especial mención ás rotas fluviais, e indicaron que se está a perder a enorme herdanza que en materia de promoción da zona deixara a Deputacion do PP, xa que nos presupostos de 2010 os investimentos reais para tales rotas serán de 104.000,00 euros pero só para reposicións. Nada de novo investimento.

Outro campo no que se bota en falla compromiso coa zona e no conxunto da provincia é o da promoción turística. Para toda a provincia, só 170.000,00 euros de investimento novo, xunto con 150.000,00 para reposicions. “Eso si, despilfárranse 400.000,00 euros en gastos diversos derivados do turismo, que poderian destinarse a investimentos ou axudas a empresas”, explicaron.

E falando de subvencións nominativas, os populares foron claros. O peso da comarca para a Deputación é de escasamente o 10 por cento, xa que dun total de 2.952.000’00€ que se destinan a tal efecto para o conxunto da provincia, para esta comarca só virán 286.200’00€, dos cales escasamente 75.000 se destinan a concellos.

No que se refire ó Inludes, e en concreto ás subvencións nominativas, aquí o peso é insignificante, porque, segundo González Barcia, Arias e Mato, só chega ó 5’80%, xa que de un total de 158.643’00€, destínanse á  Zona Sur 9.000’00€.

E no tocante os investimentos reais do Inludes na Zona Sur da provincia, os datos son concluíntes, cero euros para 2010, mentres que para axudas ó sector agrogandeiro para toda a provincia en transferencias de capital a empresas privadas é de só 144.200’00€.

E continuando co pretendido esforzo e compromiso do bipartito provincial coa Zona Sur, indicaron que a rede viaria provincial na comarca, coma en xeral no conxunto da provincia, presenta un mantemento manifestamente mellorable, o que impide claramente plasmar o tan demandado equilibrio territorial, e demostra o incumplimento da palabra dada no seu día polo propio Gómez Besteiro.

SUPLUSA.- En canto á Sociedade Urbanística Provincial, Suplusa, os populares puxeron de manifesto o retraso na posta en marcha de parques empresariais: O Savinao, Carballedo, Pantón, Pobra do Brollon e Sober. E dos 23 concellos que en toda a provincia, “por designación da providencia”,  que se verán incluidos nunha inversión conxunta para sistemas xerais de equipamentos e dotacións, só sete pertencen á zona sur, o que non deixa de ser un agravio comparativo tendo en conta a dispersión da poboacion e unha certa complexidade xeografica existente nesta zona da provincia.

A conclusión, para os populares, é clara: a Zona Sur está discriminada pola Deputación bipartita, por moito que Gómez Besteiro alardee de estar preocupado e interesado por esta comarca.

Máis patético é aínda, ó entender dos populares, o “papelón” dos deputados provinciais do bipartito: o Sr. Sotuela  limitase a estar;  e a Sra. Vega Buján actúa coma “un mundo aparte” dos seus propios compañeiros de partido e de bigoberno, xa que “vai absolutamente por libre”.  

Finalmente, indicaron que ó conxunto da provincia este mandato provincial do bipartito se lle está a facer especialmente longo pola falla de interese, vagancia e despilfarro de socialistas e nacionalistas, que non son capaces a poñer en marcha proxectos que ilusionen e vertebren ó conxunto da provincia.