Partido Popular de Lugo

Os populares constatan que a Mariña non existe para a Deputación bipartita

A Mariña, a 4 de xaneiro de 2010.- Os populares da comarca de A Mariña manifestaron hoxe nunha rolda de prensa celebrada na sede do PP burelés que a comarca non existe para a Deputación bipartita e que tampouco se vé ningún compromiso co sector pesqueiro.

Os deputados provincias do PP pola Mariña, José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, acompañados dos deputados autonómicos Emma Alvarez e José Manuel Balseiro, así como por alcaldes e cabezas de lista de concellos da Mariña, afirmaron que o compromiso da Deputación de Gómez Besteiro e Antón Bao coa comarca presenta un saldo claramente negativo, xa que as pretendidas apostas polos sectores pesqueiro e agrogandeiro son mínimas.

Os populares afirmaron que fóra das aportacións para o Plan de Obras e Servicios, POS; e da obra na praia das Catedrais, que segundo puntualizaron é un proxecto herdado da etapa do PP que xa estaba adxudicado e que agora foi correxido, só quedarán as aportacións a pequenas obras levadas a cabo por asociacións veciñais, que xa veñen tamén da etapa do PP na Deputación e que no seu momento foran moi criticadas por PSOE e BNG.

Os populares tiraron de datos para argumentar as súas críticas. Así, Barcia e Ginzo aseguraron que o investimento real novo ascende só a 2.500 euros, adicados a novo moviliario no Museo do Mar de San Cibrao, no que se investirán outros 34.000 euros,  pero en reparacións. Polo tanto, aseguraron, non hai nada novo previsto para o Museo do Mar, e será imposible facer algo en 2010 porque sinxelamente non hai cartos.

E falando de subvencións nominativas, os populares foron claros. O peso da comarca para a Deputación é do oito por cento, xa que dun total de 2.952.000’00€ que se destinan a tal efecto para o conxunto da provincia, para a comarca só se destinan 236.500’00€, dos cales escasamente 100.000 se destinan a concellos. E aínda así e todo bótanse en falla axudas a determinadas actividades en concellos coma Cervo ou Alfoz, que semellan esquecidos pola Deputación.

No que se refire ó Inludes, e en concreto ás subvencións nominativas, aquí o peso é maior, pero, segundo González Barcia e Yanes Ginzo, só chega ó 17’65%, xa que de un total de 158.643’00€, destínanse á Mariña 28.000’00€, entre os que están incluidos os 18.000’00€ para confrarías.

SECTOR PESQUEIRO.- Precisamente no que se refire ó sector pesqueiro, Barcia indicou que a totalidade das aportacións a confrarías e adquisición de semente de marisco ascende ós indicados 18.000’00€, e pese a que aumenta en 6.000 euros con respecto a 2009, segue sendo inferior en 3.000 euros ó que se aportou en 2008 e en 2007, que ascendía a 21.000’00€.

Yanes Ginzo dixo que nin na Deputación nin no Inludes están contempladas axudas para o sector forestal, de capital importancia nesta zona. Suliñou que nin sequera as houbo cando facía falla colaboración para paliar os efectos do Klaus. E as axudas do Inludes para o sector agrogandeiro para toda a provincia en transferencias de capital a empresas privadas é de 144.200’00€.

E continuando co pretendido esforzo e compromiso do bipartito provincial coa Mariña, Barcia e Ginzo indicaron que a rede viaria provincial na zona, coma en xeral no conxunto da provincia, presenta un mantemento manifestamente mellorable, o que impide claramente plasmar o tan demandado e necesario equilibrio territorial.

SUPLUSA.- En canto á Sociedade Urbanística Provincial, Suplusa, os populares puxeron de manifesto o retraso na posta en marcha de parques empresariais: Trabada avanza a ritmo de tartaruga; en Burela nada, e en Ourol os xa consabidos problemas de ausencia de mellora dos accesos. Eso sí, segundo puntualizaron, anunciase un novo en Chavín, que haberá que agardar a ver cómo se desenvolve. E dos 23 concellos que en toda a provincia, “por designación da providencia”, se verán incluidos nunha inversión conxunta para sistemas xerais de equipamentos e dotacións, só tres, Ourol, Trabada e Riotorto, pertencen á Mariña.

A conclusión, para os populares, é clara: a Mariña non existe para a Deputación bipartita, por moito que Gómez Besteiro alardee de estar vencellado con esta comarca, e de sacarse fotos surfeando en Barreiros, en procesións de Riotorto, ou facendo posados fotográficos no Faro de Roncadoiro.

Máis patético é ó entender dos populares “o papelón” dos deputados provinciais mariñanos do bipartito: falta a primeira vez que faigan propostas positivas e de futuro para A Mariña, e teñen por norma votar en contra de todo aquelo que poida propoñer o PP que supoña un beneficio para a comarca.

Finalmente, indicaron que ó conxunto da provincia este mandato provincial do bipartito estáselle a facer especialmente longo pola falla de interese, vagancia e despilfarro de socialistas e nacionalistas, que non son capaces de poñer en marcha proxectos que ilusionen e vertebren ó conxunto da provincia.