Lugo, a 2 de xaneiro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular afirmou hoxe que a Deputación non tén ningún interese en facer nada no Museo do Mar de San Ciprián pola sinxela razón de que o equipo de goberno provincial non estableceu ningunha consignación nos orzamentos para o vindeiro ano.
Os populares lembran que o anterior goberno da Deputación do PP integrou dentro da rede museística provincial ó Museo do Mar e fíxose cargo dos gastos de mantemento e persoal, algo que agora o bipartito provincial quere esquecer para xustificar a súa ineficacia nos dous anos e medio que levan ó fronte da administración provincial.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, asegurou que todo o que leva dito o bipartito provincial sobre a ampliación do Museo do Mar é “literatura e propaganda”, porque o material segue almacenado en contenedores e non son capaces de dar a coñecer públicamente as xestións que din están levando a cabo. Eso sí, o bipartito criticou, a través de Veiga Otero, que o voceiro adxunto dos populares na Deputación fose visitar o Museo, do que se deu conta nos medios de comunicación, aducindo que está prohibido facerse fotos nos museos, “pero non se poñen colorados en deixarlle á asociación “Mariña Patrimonio”, órgano adlátere do BNG, que se faga fotos dentro do Museo día sí e día tamén, e mesmo o use como sede social”.
Por esa cuestión, e porque os orzamentos da Deputación para o 2010 non contemplan ningunha inversión real nova no Museo do Mar, Barcia considera que Veiga Otero actúa como “mandadiño” de Antón Bao, que é quen realmente controla e distribúe os fondos das áreas de Cultura e Deporte da Deputación.
Barcia corrobora o dito manifestando que nos orzamentos da Deputación non se inclúe ningún proxecto novo en materia de Deportes e que os convenios para piscinas en Bóveda e Begonte xa veñen da anterior etapa, ó tempo que suliña que “Bao e Veiga aínda non foron capaces de materializalos”.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación calificou de patético que PSOE e BNG votaran en contra da moción do PP que plantexaba levar a cabo en 2010 toda a tramitación administrativa para a ampliación do Museo do Mar.