Partido Popular de Lugo

Ramos Ledo foi reelexido por aclamación presidente do Partido Popular de Taboada

Taboada, a 23 de decembro de 2009.- Fortalecer o partido e ampliar o número de afiliados. Ese é o principal obxectivo que se marca José Jesús Ramos Ledo tras a súa reelección por aclamación coma presidente da agrupación local do Partido Popular en Taboada. “Nos últimos tempos xa se estaba a facer unha especial incidencia nestes dous asuntos da man de Luis Gómez García, que asume a secretaría xeral, pero agora temos que reforzalo aínda máis”, asegurou Ramos Ledo, quen tamén salientou a mezcla de veteranía e xuventude que se dá no novo equipo directivo.

“Son moi optimista co futuro do Partido Popular de Taboada porque combinamos a experiencia co ímpetu que aporta a xuventude (incorpóranse na executiva dous representantes de Novas Xeracións), o que nos permite garantizar a continuidade e o reforzamento do ideario político que defendemos”, engadiu.

Outra das novidades que presente o novo comité local e a creación de dúas secretarías de área. O alcalde de Taboada, Ramiro Moure Ansoar, asumirá a de Política Municipal; e a Tenente de Alcalde, Isabel Fidalgo Albor a de Política Social e Igualdade.

Completan o comité local do PP de Taboada, ademáis dos dous representanes de NN.XX. Cristina Ramos Blanco e Noemí Fernández Pernas, sete vocais: Alfonso García Calvo, Severino Montes Marcos, Sonia Conde Montenegro, Jesús Ángel López Sixto, Ángel Novoa Meilán, Jorge Sobrado Moreiras e Plácido Moure Carballo.

Á asamblea xeral convocada para renovar a executiva do PP de Taboada asistiron o Presidente e o Secretario xeral do PP lucense, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente.