Partido Popular de Lugo

José Antonio Valcárcel foi elexido por aclamación presidente da agrupación local do PP de O Incio

O Incio, a 22 de decembro de 2009.- José Antonio Valcárcel Pereiro foi elexido por aclamación novo presidente da agrupación local do Partido Popular de O Incio. Acompáñano na executiva José Manuel Vilariño López coma vicepresidente; Manuel Corujo González coma secretario e Mª Mayra Freán Freán coma tesoreira.

Haberá ademais catro secretarías de área “para diversificar as competencias”. A de xuventude, que dirixirá Goretti Díaz Armesto; Educación e Cultura, con Ana Armesto Casanova; a Social e de Atención ó cidadán, que asume Amparo Mourelo López e a de Medio Rural, da que se encargará Manuel Fernández López. Son todas elas, segundo salientou o novo presidente, áreas de gran relevancia para O Incio “nas que debemos concentrar todos os nosos esforzos para acadar melloras para os nosos veciños”.

Completan a nova executiva local 13 vocais: Daniel Arias Jato, Inés Fernández López, Ana María Vizcaíno González, Javier López Rodríguez, Angel Camino Copa,José Manuel Darriba Armesto, Manuel Montero Fernández, José Pereiro Pérez, Agustín Pereiro Pontón, Manuel López Vizcaíno, Manuel Veiga López, José Elias Bernardino Magdaleno González eEusebio Darriba Saco.

A nova directiva, na que segundo Valcárcel Pereiro se conxuga veteranía e xuventude, plantéxase levar a cabo “un proxecto moi ambicioso”. Así, un dos obxectivos prioritarios e converter en realidade o equilibrio territorial no municipio. “Dado que O Incio é un concello de montaña, ten que afrontar unhas dificultades adicionais que non afectan a outros municipios. Temos que compensar e sobre todo superar o aillamento derivado da nosa propia ubicación xeográfica”, asegurou José Antonio Valcárcel.

Neste contexto, a mellora dos servizos asistencias e educativos son algunhas das prioridades que se marcan. Así, en “estreita colaboración” co Grupo municipal popular loitarán porque as gardas médicas se manteñan no concello “como mínimo” ata as dez da noite, e porque poidan contar cunha escola infantil. 

Dispoñer dun bo acceso ás novas tecnoloxías dende calquera punto do municipio “porque vivir no Incio non ten que supoñer un problema de comunicación nin para os estudantes nin para os traballadores” será outro dos seus obxectivos.

No que atinxe á actividade propia de partido, ésta centrarase en incrementar a afiliación. “Queremos triplicar o número de afiliados porque entendemos a afiliación coma un compromiso co proxecto político que representa o Partido Popular e queremos que ese compromiso se materialice”, explicou o novo presidente do PP de O Incio.

José Antonio Valcárcel tamén anunciou que a nova directiva local manterá reunións periódicas nas que recollerán todas as inquedanzas dos veciños que despois trasladarán ó grupo municipal para que lle dé resposta.

José Antonio Valcárcel e o seu equipo estivo respaldado na asamblea convocada para a renovación da xunta local polo Presidente provincial José Manuel Barreiro, que os animou a traballar duro pola defensa dos intereses dos veciños de O Incio, así coma pola Delegada territorial da Xunta Raquel Arias e varios alcaldes e voceiros do Partido Popular na comarca, entre outros.