Partido Popular de Lugo

O PSOE REXEITA UNHA PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA QUE O MINISTERIO DE MEDIO RURAL DESENVOLVA AS ACTUACIÓNS NECESARIAS PARA IMPULSAR O CUMPRIMENTO DO ACORDO ASINADO CO SECTOR LÁCTEO

Santiago, 21 de decembro de 2009.- O PSOE rexeitou hoxe, no Pleno da Cámara, unha proposta do Grupo Popular na que se instaba á Xunta de Galicia a dikrixirse ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para desenvolver e implementar cantas actuacións sexan necesarias para impulsar o cumprimento do acordo asinado cos representantes do sector lácteo no seo da Interprofesional Láctea o pasado 20 de xullo. O PSdeG Non aceptou unha emenda presentada polos populares á súa Moción, na que os socialistas trasladaban  á Xunta responsabilidades que corresponden ao Goberno central.

Segundo se recolle na emenda presentada, os populares defenden que se promova e incentive a sinatura dos Contratos Homologados para o prezo do leite. Así mesmo, entre as medidas solicitadas na proposta, pedían que se intensificaran as inspeccións ao longo de toda a cadea de produción, en aras de garantir a calidade e trazabilidade do leite, evitando as prácticas fraudulentas e a utilización do leite como produto “reclamo”. Igualmente, os populares avogan por establecer os mecanismos necesarios en colaboración coa Consellería de Medio Rural para a implantación do sistema de trazabilidade (letra Q), en aras de proporcionar alimentos seguros e de calidade aos consumidores, de xeito que se coñeza a orixe do leite e dos derivados lácteos que consumen poñendo en valor o leite de orixe galega. Por último, a emenda do Grupo Popular solicita afondar no estudio e revisar a aplicación da normativa da competencia no sector agroalimentario, con especial incidencia no lácteo.

MEDIDAS DO GOBERNO DE NÚÑEZ FEIJÓO.- A voceira de Medio Rural do Grupo Popular, Isabel García Pacín, referiuse ás axudas directas por importe de 12 millóns de euros, ampliables ata os 20, e o adianto do pagamento único da PAC, “que hoxe xa están cobrando”, como exemplo de que o Goberno de Núñez Feijóo “adoptou desde o primeiro día medidas de choque, que viñan paliar a perentoria necesidade de liquidez das explotacións”. A deputada contrastou estas medidas co labor do anterior Goberno, que, dixo, “non foi quen” de levar a cabo as actuacións para facer fronte á crise. “Os anteriores responsables permañeceron alleos, á marxe, sen acadar resultados que melloraran a situación final que hoxe estamos padecendo”, o que non lles impediu que “o día seguinte de abandoar as responsabilidades de goberno” foran quen de demandar actuacións para atallar as necesidades, “cando foron incapaces de levalas a cabo meses antes”.

García Pacín falou tamén do papel do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, afirmando que “gustarianos falar das axudas directas con fondos propios que o Ministerio puxo a disposición dos gandeiros, pero non existiron, nin trazas”, ou dun fondo que cubrira as necesidades de endebedamento nas que incurriron as explotacións galegas para aumentar as súas cotas de produción, “pero podemos falar só de 13 millóns de fondos europeos para toda España, dos que aínda non sabemos cantos lle corresponden a Galicia”, mentres que o Goberno do Estado segue sen apoiar ao sector con fondos propios. A deputada referiuse, así mesmo, a que “nada se sabe da posición do Goberno do Estado” en canto ao chequeo da PAC e lembrou, a ese respecto que as negociacións onde se acadou un incremento lineal e igual para todos os países, “están incidindo directamente na grave crise que sofren os produtores”, malia que daquela a ministra cualificou de bos para o noso país os resultados.

Finalmente, García Pacín salientou que ás medidas xa adoptadas polo Goberno de Núñez Feijóo únense outras políticas encamiñadas ao salvamento do sector lácteo que se recollen no Plan Estratéxico para o Sector Lácteo, presentado o pasado venres en Comisión parlamentaria e “consensuado co sector e para o sector”.