Lugo, a 18 de decembro de 2009.- O Partido Popular constituiu a última hora da tarde de onte a comisión de sanidade, que se encargará de coordinar José Manuel Piñeiro Somoza. O obxectivo desta comisión será converterse nun activo foro de debate dos profesionais deste sector para abordar os seus problemas, así coma unha fonde de información de todas as cuestións que afecten o desenvolvemento da súa actividade profesional.
O Partido Popular de Lugo asumirá ademais a canalización de cantas propostas xurdan desta comisión, que manterá reunións periódicas (a vindeira está previsto celebrarla a finais do vindeiro mes de xaneiro).
Á xunta de onte asistiron preto dun cento de profesionais dos diversos ámbitos da sanidade, médicos, enfermeiros, veterinarios e farmacéuticos. Durante o seu desenvolvemento, ademais de aprobar os estatutos que rexirán o seu funcionamento, decidiuse crear subcomisións de traballo, en función dos diferentes colectivos profesionais que conforman a propia comisión, para analizar así máis pormenorizadamente os asuntos específicos que afectan a cada un deles.